Dime como rematas e direiche onde te acentúo

Descargas

Publicado

02-08-2013

Número

Sección

Artigos

Autores/as

  • Víctor Fresco Barbeito

DOI:

https://doi.org/10.32766/cdl.35.10

Palabras clave:

tónica, tónica esperable, número de sílabas, ortografía normativa, grafémica, terminación, adaptación de neoloxismos, categoría gramatical

Resumo

Cando se lles pretende asignar unha tónica ós neoloxismos chegados ó galego dende linguas onde a tonicidade non ten valor fonolóxico, o criterio de elección máis aconsellable é a propia tónica esperable en galego. Pero, cales son os parámetros que poden influír nesta escolla? A hipótese de partida nunha publicación previa do mesmo autor foi que dependía do derradeiro grafema da palabra. Neste artigo comprobaremos esta presuposición e tamén analizaremos se o número de sílabas ou a categoría gramatical poden influír como parámetros para determinar unha tónica prototípica. Para realizar este contraste, partimos dos datos do VOLGA e dun corpus de textos teatrais como exemplo de lingua en uso e aplicámoslles un algoritmo para a detección da tónica que se basea na acentuación gráfica e na terminación da forma escrita da palabra. De camiño, puidemos analizar tamén a distribución individual tanto da posición da tónica como dos tres supostos parámetros nestes dous conxuntos de datos.

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.