As sibilantes en Zas: análise dun cambio en proceso

Descargas

Publicado

02-08-2018

Número

Sección

Artigos

Autores/as

  • Tamara Rial Montes

DOI:

https://doi.org/10.32766/cdl.36.1

Palabras clave:

Dialectoloxía, galego, fonética, sibilantes

Resumo

O estudo dos sistemas de sibilantes do galego foi e segue a ser un dos puntos de maior interese para a lingüística galega por constituíren un terreo de profunda inestabilidade e pola dificultade da súa descrición. Neste artigo analízase, dende o enfoque da fonética acústica, o sistema de sibilantes de catro mulleres da localidade de Zas pertencentes a dous grupos de idade diferentes. Desta análise derívase que as mulleres de maior idade presentan un sistema dunha sibilante única, de realización apicoalveolar. Pola contra, no caso das mulleres máis novas, obsérvase un sistema non descrito anteriormente, formado por dúas unidades: a fricativa interdental xorda /θ/ e a sibilante apicoalveolar /s̺/, no que se mantén a despalatalización do /ʃ/ sen se tratar dunha fala seseante.

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.