Política editorial

Temática e alcance

A revista está aberta ao tratamento de todos os temas relacionados co estudo, coñecemento e divulgación da lingua galega nos seus diversos aspectos.

Non obstante, serán eixos temáticos prioritarios os seguintes:

  • A sociolingüística, tanto entendida como socioloxía da lingua (coñecemento, usos, actitudes, lexislación...), coma entendida como estudo da variación.
  • As cuestións referidas á norma
  • A gramática histórica e historia da lingua
  • O léxico e a terminoloxía.
  • A onomástica
  • A fonética e fonoloxía
  • A gramática

As contribucións deben ser orixinais e inéditas.

A lingua de publicación é o galego, aínda que excepcionalmente poderán aparecer traballos escritos noutras linguas.

 

Política de seccions

Artigos

Marcado Envíos abertos Marcado Indexado Marcado Revisión por pares

Notas

Marcado Envíos abertos Marcado Indexado Marcado Revisión por pares

Informes da RAG

Sen marcar Envíos abertos Marcado Indexado Sen marcar Revisión por pares

Recensións

Marcado Envíos abertos Marcado Indexado Sen marcar Revisión por pares
 

Proceso de revisión por pares

Os artigos e notas serán revisados por dous membros do consello de redacción, do comité científico ou por revisores alleos designados polo consello de redacción.

A avaliación dos revisores versará sobre os seguintes aspectos:

  • Adecuación aos temas de que se ocupa Cadernos de Lingua
  • Relevancia do tema tratado
  • Metodoloxía utilizada
  • Coherencia entre o desenvolvemento argumentario e as conclusións
  • Coñecemento e utilización da bibliografía pertinente
  • Organización e presentación da información
  • Aspectos formais, particularmente os referidos á redacción, corrección lingüística e presentación da bibliografía

Á vista do anterior, o revisor recomendará a súa publicación, a súa publicación con cambios pouco importantes, a súa publicación con cambios relevantes que esixen unha segunda revisión, ou a non publicación.

A revisión será cega, e polo tanto os revisores non terán coñecemento da autoría do traballo.

En caso de que existan fortes discrepancias na valoración entre os dous revisores, a achega será enviada a outro ou outros revisores para confirmar a calidade do traballo.

Independentemente das suxestións e correccións dos revisores, o consello de redacción poderá efectuar correccións ortográficas, de puntuación ou de estilo sempre que sexan de pouca entidade, e non afecten o contido.

 

Frecuencia de publicación

A revista ten unha periodicidade anual, pero cada artigo da revista, unha vez que pase o proceso de control de calidade e sexa aprobado para a súa publicación, publicarase de maneira individual, cunha paxinación autónoma, incorporándoo á táboa de contidos do volume, onde aparecerá marcado como "en proceso de edición".

Ao final de ano realizarase a edición colectiva de todos os traballos que integran o número anual da revista.

 

Política de acceso aberto

Esta revista fornece acceso libre inmediato ao seu contido baixo o principio de achegar de balde a opinión e a investigación ao público, co fin de contribuír á difusión do coñecemento e fomentar a discusión científica.

 

Que é Cadernos de lingua

Cadernos de lingua é unha revista de investigación lingüística, que sen renunciar a tratar temas de investigación teórica, pretende centrarse fundamentalmente no estudo de problemas prácticos e de interese xeral.
Creouse coa finalidade de informar e orientar os traballadores da lingua e o público en xeral sobre problemas sincrónicos e diacrónicos da lingua galega dunha maneira asequible e facilmente comprensible.

 

Público ao que se dirixe

Cadernos de Lingua, como revista que se ocupa de temas referidos á lingua galega, pode ser de interese para calquera persoa que estea interesada en acceder a información e coñecemento de problemas referidos a esta lingua, pero oriéntase de maneira especial a:

  • Profesorado de lingua galega de todos os niveis, desde o Universitario ao de ensino básico.
  • Normalizadores lingüísticos de entidades públicas e privadas: da administración autonómica, da administración local, da administración de xustiza (Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Audiencias provinciais...), de colexios profesionais, de federacións de empresarios...
  • Mediadores culturais, que teñan como lingua vehicular o galego
  • Investigadores da lingua galega
  • Estudantes Universitarios, de maneira especial os de Filoloxía, Tradución e Xornalismo.

 

Estrutura

A revista consta de 4 seccións:

1.- Artigos
2.- Notas
3.- Informes da RAG
4.- Recensións

 

Comité editorial

  • Dirección: Manuel González González
  • Secretaría: Xosé Luís Regueira Fernández
  • Secretaría técnica: Carme Pazos Balado, Xaquín Loredo Gutiérrez, Nélida Cosme
  • Consello de redacción:
    • Rosario Álvarez Blanco
    • Ana Isabel Boullón Agrelo
    • Francisco Cidrás Escaneo
    • Xosé Henrique Costas González
    • Francisco Fernández Rei
    • Xesús Ferro Ruibal
    • Ernesto González Seoane
    • Ramón Lorenzo Vázquez
    • Gonzalo Navaza Blanco
    • Alba Nogueira López
    • Henrique Monteagudo Romero
    • Fernando Ramallo Fernández
    • Goretti Sanmartín Rei
    • Dolores Sánchez Palomino
    • Antón Santamarina Fernández
  • Comité científico:
    • Takekazu Asaka (Univ. Tsudajuku de Toquio)
    • Débora Campos Vázquez (Univ. Buenos Aires)
    • Elisabetta Carpitelli (Univ. Alpes-Grénoble)
    • Ernestina Carrilho (Univ. de Lisboa)
    • Olga Castro (Aston University, Birmingham)
    • Attilio Castelucci (Univ. Sapienza Roma)
    • Ramón De Andrés Díaz (Univ. de Oviedo)
    • Benigno Fernández Salgado (Univ. de Vigo)
    • Manuel Ferreiro Fernández (Univ. da Coruña)
    • Maria Filipowicz-Rudek (Univ. de Cracovia)
    • Xosé Ramón Feixeiro Mato (Univ. da Coruña)
    • Enrique Gargallo Gil (Univ. de Barcelona)
    • Valéria Gil Condé (Univ. de São Paulo)
    • Xavier Gómez Guinovart (Univ. Vigo)
    • Xosé María Gómez Clemente
    • Taina Hämäläinen (Helsingin yliopisto)
    • Johannes Kabatek (Univ. Zurich)
    • Xabier Kintana (Euskaltzaindia)
    • Ramón Mariño Paz (Univ. de Santiago)
    • Hector Muñoz Cruz (Univ. Autónoma Metropolitana de México D.F - Unidad Iztapalapa)
    • Guillermo Rojo (RAE)
    • Antonio Romano (Univ. Torino)
    • Johannes Schnitzer (Institut für Romanische Sprachen Wirtschaftsuniversität-Wien)
    • Carsten Sinner (Univ. de Leipzig)
    • Andrés Suárez González (Univ. de Santiago de Chile)
    • Ildikó Szijj (Eötvös Loránd University, Budapest)
    • Xavier Varela Barreiro (Univ. de Santiago)
    • Nikola Vuletić (Universidade de Zadar)
    • Helena Zernova (Univ. estatal de San Petersburgo)