Axuda de Open Journal Systems

Páxina de Inicio do Usuario

Unha vez que o usuario iniciou a sesión, aparecerá unha ligazón á Páxina de inicio do Usuario na barra de navegación superior. Premer sobre esta ligazón permitirá visualizar distintas informacións que dependen do que estea a facer o usuario, por exemplo explorando unha revista específica ou o sitio en xeral.

Información da Páxina de Inicio do Usuario a Nivel da Páxina Principal do Sitio

Se o usuario iniciou sesión e está a explorar a páxina principal do sitio, visualizará a información seguinte:

As miñas revistas. O usuario atopará todas as revistas nas que estea rexistrado, xunto coas ligazóns aos roles dispoñibles (Autor, Editor, etc.) en cada revista. Se o usuario é tamén o Administrador do Sitio existirán tamén ligazóns ás páxinas de administración.

A miña Conta.O usuario atopará ligazóns para realizar cambios nas contas, incluíndo as opcións de rexistrarse con outras revistas; editar o perfil de usuario; mudar o contrasinal do usuario e pechar a sesión.

Información da Páxina de inicio do Usuario a Nivel da Revista

Se o usuario iniciou sesión e está explorando unha revista específica, só aparecerá a información relacionada coa revista que se está a ver. Ademais, baixo A Miña Conta substitúese a ligazón de rexistrarse con outras revistas pola ligazón "Amosar a Miñas Revistas" (que conduce o usuario de volta á Páxina Principal de Usuario do Sitio).