Axuda de Open Journal Systems

Ferramentas de Lectura

As revistas que utilizan este sistema poden proporcionar unha serie de Ferramentas de Lectura que acompañen os artigos publicados nas outras Seccións da Revista. A intención das Ferramentas de Lectura é asistir tanto ao experto como a lectores principiantes na construción dun contexto de interpretación, avaliación e uso da investigación que están a ler. Os conxuntos de Ferramentas de Lectura foron desenvolvidas para un gran rango de disciplinas académicas, entre as que pode seleccionar o Administrador, e deste xeito editalas e actualizalas para axudar a mellorar o espazo de lectura da revista. As Ferramentas de Lectura tamén lles permiten aos Lectores unirse aos foros pertinentes e contactar co autor ou compartir un artigo con outro Lector.

Como traballan as Ferramentas de Lectura?. As Ferramentas de Lectura están deseñadas para proporcionar contexto ao artigo que acompañan. As Ferramentas ábrense nun cadro no explorador do usuario á dereita do artigo que se está a ler. Primeiro, as Ferramentas proporciónanlles aos Lectores acceso á información de indexación do artigo, a versión de impresión e a declaración bibliográfica do autor. As Ferramentas habilitan os Lectores para poder realizar buscas de palabras no artigo (premendo dúas veces sobre calquera palabra na versión de HTML do artigo) e para enviar correos electrónicos ao autor ou a outro Lector. As Ferramentas están deseñadas tamén para tomar as palabras claves do artigo e alimentalas nos motores de busca de bases de datos de acceso libre e outros recursos agrupados en categorías como Estudos de Investigación, Outros Traballos do Autor, Prensa e Medios de Difusión, Páxinas Web do Goberno, etc., isto depende do conxunto de Ferramentas que se seleccionen. Os Lectores tamén teñen acceso aos antecedentes de información de cada recurso seleccionado. As Ferramentas proporcionan múltiples opcións ou bases de datos para consultar en cada categoría, sexan Estudos, Medios de Difusión ou Aprendizaxe, permitindo así que os Lectores poidan aprender máis sobre cada base de datos ou proporcionar unha ligazón á páxina Sobre ese recurso. (O Administrador da Revista pode editar ou eliminar os recursos existentes e mesmo engadir outros novos.)