Axuda de Open Journal Systems

Rexistro e Perfil

A revista utiliza un sistema de rexistro para todos os usuarios participantes do proceso editorial e de publicación. A Política de Privacidade da revista aplícase a todos os usuarios rexistrados. Cada usuario rexistrado ten un Perfil, que pode ser editado ou engadido despois de que o usuario inicie sesión na revista. A ligazón para o Perfil atópase na marxe dereita baixo Usuario e na Páxina Principal de Usuario.

Existe unha opción de correo electrónico de actualización, para todos os usuarios, que lles envía notificacións por correo electrónico aos usuarios sobre a Táboa de Contidos dun novo número da revista. Para as revistas que operan en máis dun idioma, os Revisores poden indicar no seu Perfil os idiomas nos que se senten cómodos para facer revisións de envíos.

¿Por qué Rexistrarse?

Cando te rexistras, o sistema crea unha páxina “Principal de Usuario”" para facilitarche o acceso ás súas revistas. Debes rexistrarte se desexas enviar un artigo a algunha revista ou se vas facer parte dun equipo editorial (por exemplo, editor, revisor, corrector de probas) ou dalgunha revista.

Algunhas revistas restrinxen o acceso a algunhas partes da súa páxina a non ser que esteas rexistrado.

Política de Privacidade

A Política de Privacidade da revista aplícase a todos os usuarios rexistrados. Podes atopar máis información sobre a política de privacidade da revista en Sobre a Revista.

¿Cómo me Rexistro?

Podes rexistrarte premendo sobre "Iniciar Sesión" ou "Rexistrarse" na páxina principal do sitio ou na páxina principal de calquera revista. Outra alternativa é pedirlle ao Administrador da Revista que te rexistre. A Información de Contacto pode atoparse en Sobre a Revista.

Perfil

Creas un perfil (inserindo o teu nome de usuario e un contrasinal) cando te rexistras. Podes editar o teu perfil en calquera momento, sempre e cando iniciases sesión. Na barra de navegación dereita baixo a cabeceira "Usuario", aparece a ligazón "O Meu Perfil"; preme sobre esa ligazón para ires ao teu perfil. Aquí podes cambiar a túa información de contacto, os teus intereses, roles e administrar os correos electrónicos de notificacións da revista coas que te rexistraches.