Axuda de Open Journal Systems

Página de Inicio

Existen dúas páxinas de inicio "Principais": unha para Open Journal System, ou Páxina Principal do Sitio; e unha Páxina Principal da revista. Ambas as dúas páxinas principais abranguen case a mesma información, aínda que difiren nalgunhas cousas.

Páxina de Inicio Principal do Sitio

Ao acceder á Páxina Principal do Sitio fornecerase a descrición do sitio e unha listaxe das revistas residentes do sitio. Desde aquí podes acceder á Páxina Principal da revista, acceder aos números actuais dispoñibles e tamén podes rexistrarte na revista. As características de navegación da Páxina Principal do Sitio son as seguintes:

Barra de Navegación Superior

Inicio e Sobre informan sobre o sitio (a diferenza dunha revista individual).

Iniciar Sesión permíteche crear un perfil de usuario, se aínda non o fixeches. Ver Rexistro e Perfil. A ligazón de Iniciar Sesión será substituída por unha ligazón de Páxina Principal do Usuario unha vez que se rexistre e inicie sesión. Ver Páxina de Inicio do Usuario.

Rexistrarse permítelle engadir unha revista á súa Páxina Principal de Usuario.

Procurar permítelle realizar buscas en todo o sitio ou nunha soa revista. Ver Procurar e Explorar.

Barra de Navegación Dereita

A ligazón de Open Journal Systems conducirate á páxina Web do Proxecto e outros software relacionados.

A ligazón de Axuda da Revista fornecerache axuda en cada contexto.

O formulario baixo o encabezamento de Usuario permitirá iniciar sesión, se tes un nome de usuario e un contrasinal. Despois de iniciar sesión chegarás á Páxina Principal de Usuario. Unha vez que inicies sesión, atoparás na ligazón Usuarios unha listaxe de revistas nas que terás que rexistrar o teu perfil; e para pechar sesión.

Idioma permíteche escoller un idioma soportado por OJS.

O campo de busca baixo Contido da Revista permíteche buscar no sitio a través de distintas alternativas. Para unha procura máis inclusiva, preme sobre a ligazón Procurar na barra de navegación superior.

Fonte permíteche modificar o tamaño da fonte no sitio do máis pequeno ao grande, ou viceversa.

Páxina de Inicio da Revista

A páxina principal para unha revista é aquela que é vista cando se preme sobre Ver Revista o Número Actual baixo o nome da revista desde a páxina principal, ou cando se preme sobre o nome da revista desde a Páxina do Usuario. A Páxina Principal da Revista divídese da seguinte maneira:

Barra de Navegación Superior

Inicio e Sobre que fornecen información sobre a revista.

Iniciar Sesión e Rexistrarse funcionan como a descrita anteriormente aínda que redirixen o usuario á páxina principal da revista, no canto da páxina principal do sitio.

Páxina do Usuario aparece unha vez que inicias sesión, e mostra a páxina principal do usuario. Esta páxina proporciona ligazóns para administrar os seus roles na revista e a súa conta.

Procurar dálle cumpridas opcións de busca, porén utilízase para buscar só na revista que esta a ver actualmente.

Actual mostra a táboa de contidos do número actual da revista, se está dispoñible.

Arquivos visualiza os nomes dos números publicados anteriormente, se están dispoñibles. Ao premer sobre o nome dun número publicado anteriormente amosarase a súa táboa de contidos.

Unha ligazón de Anuncios aparece na barra de navegación superior, se o Administrador da Revista habilitou os anuncios. Premendo sobre esta ligazón permitirache acceder á páxina de anuncios.

Barra de Navegación Dereita

A ligazón de Open Journal Systems conducirate á páxina principal de Proxecto, que ofrece recursos para Open Journals Systems e outros software relacionados.

A ligazón daAxuda da Revista axudarache en cada contexto.

O formulario baixo o encabezamento Usuario permitirache iniciar sesión, se tes un nome de usuario e un contrasinal. Despois de Iniciar Sesión chegarás á Páxina Principal do Usuario. Unha vez que inicies sesión, haberá na ligazón Usuarios unha listaxe de revistas nas que terás que rexistrar o teu perfil; e para pechar sesión.

Idioma permíteche escoller un idioma soportado por OJS.

O campo de procura baixo Contido da Revista permíteche buscar no contido da revista a través de distintas alternativas. Para unha procura máis inclusiva, preme sobre a ligazón Procurar na barra de navegación superior.

Fonte permíteche modificar o tamaño da fonte no sitio do máis pequeno ao grande, ou viceversa.

Tamén hai información para os Autores, Lectores e Bibliotecarios na listaxe da barra de navegación dereita.