Axuda de Open Journal Systems

Arquivos complementarios

O Autor pode cargar os arquivos complementarios no Paso 4 do Proceso de Envío. A intención dos arquivos complementarios é que atinxan conxuntos de datos de investigación, instrumentos de investigación, textos fonte ou outros materiais que noutros contextos conformarían un apéndice do envío aínda que aquí poden ser tratados como documentos separados que teñen valor de seu. Ademais, o Autor indexará arquivos complementarios independentemente do envío, habilitando deste xeito os Arquivos para que formen parte dun índice máis longo e permitir que sexan atopados por persoas que buscan este tipo de artigos.

Formatos dos arquivos complementarios. Os arquivos complementarios tamén son cargados no seu formato orixinal e para os que non existen restricións e permanecerán nese formato, a diferenza do resto do envío que debe estar nun formato estándar de manuscrito e que será transformado ao formato de publicación estándar. Isto significa que os conxuntos de datos que están dispoñibles nas follas de cálculo ou nas demostracións en flash poden ser cargados e preservados nese formato; isto pode ocasionar algunhas dificultades para os lectores. Os Autores deben ter isto en conta, unha maneira pode consistir en explicar na descrición dos arquivos complementarios onde se pode descargar un software libre para abrir e ler o arquivo complementario.