Axuda de Open Journal Systems

Indexación e Metadatos

Este sistema de revista facilita que os Autores participen na indexación dos envíos á revista. O sistema tamén xera algúns dos elementos de indexación e de metadatos (como o título da revista, a data, URL, etc.). Os metadatos, ou datos sobre os datos, equivalen a unha serie de termos que describen o documento ou os datos a amosar, polo tanto o uso comparable dos termos de indexación levan ao mesmo resultado. A revista emprega un protocolo de metadatos para indexar envíos que foi desenvolvido e mantido pola Iniciativa de Arquivos Libres (OAI) que atrae, de maneira decisiva, á Iniciativa de Metadatos de Dublin Core. O Protocolo de Indexación de Metadatos de OAI é un estándar emerxente para investigación, que habilita os motores de busca de OAI para crear índices de investigación baseados en recursos de todo o mundo. Porén, os contidos da revista tamén están dispoñibles a través de Google e outros estándares, motores de busca da World Wide Web.

Elementos dos Metadatos. Dublin Core consiste en 15 elementos de metadatos que son empregados para identificar e describir os documentos. Os elementos abranguen termos de indexación tradicionais para identificar documentos, como Autor, Título, Descrición (Resumo), Tema, permitindo deste xeito unha indexación máis detallada incluíndo elementos como Tipo, Cobertura, e Patrocinador. O Administrador da Revista e o Editor da revista seleccionaron que metadatos son pertinentes para esta revista, e proporcionaron exemplos para cada un, baseados no alcance e o enfoque da revista, para guiar os Autores.

Ao inserir un Resumo, pódese utilizar HTML limitado para realizar formatos máis complexos.

Vantaxes da indexación. Anímase os Autores a completar a indexación dos seus envíos no Paso 2 do Proceso de Envío, e terán deste modo a oportunidade de revisar os metadatos como parte do proceso editorial. Os metadatos serán revisados tamén como parte do paso de Corrección de textos. Os metadatos para esta revista serán "indexados" por un número de motores de busca dedicados á investigación que crean, de feito, unha guía ou índice de investigación. Os traballos que estean ben indexados serán atopados con máis facilidade polas persoas que os precisen e terán máis oportunidade de seren citados. Malia non limitarse o número de termos cos que se indexa o traballo, anímase os Autores a pensar sobre como está posicionado o seu traballo e como pode ser atopado por medio desta indexación detallada.