Axuda de Open Journal Systems

Proceso de Envíos

A revista guía os Autores no proceso de cargar os seus envíos directamente na páxina Web da revista. Dependendo das opcións escollidas polo Administrador da Revista (Configuración Paso 4.1), os Autores teñen a opción de rexistrarse como Autores ou tamén como Revisores (para que se lles solicite realizar a revisión feita por expertos doutros envíos) e/ou Lectores (para seren informados cando saia un novo número da revista e se lles envíe a Táboa de Contidos). Ao rematar o proceso de rexistro, o Autor é conducido directamente á Páxina de Usuario que recolle nunha listaxe os distintos roles de usuario que ten coa revista (por exemplo, Autor, Revisor, etc.). Ao premer sobre o rol de Autor conducirá os usuarios á súa páxina de envíos, onde se organiza unha listaxe cos envíos actuais e anteriores. Nesta páxina pódese iniciar un novo envío. O proceso de envío dos Autores divídese en cinco pasos. Oriéntase o autor a través de cada paso. Os Autores non precisan completar os cinco pasos nunha soa sesión, poden volver ao que será recollido nunha listaxe na táboa de envíos como "##submissions.incomplete##".