Axuda de Open Journal Systems

Funcións Administrativas

Existen varias funcións administrativas dispoñibles na área de administración do sitio. Estas funcións deben ser empregadas con coidado, xa que o seu uso indebido pode levar a resultados inesperados.

Información do Sistema

Información xeral sobre o servidor e a historia desta versión de OJS (abranguendo actualizacións anteriores). Proporciónase tamén unha interface baseada en Web para modificar a configuración de OJS.

Sesións de Usuarios expiradas

Limpa todas as sesións de usuarios activos no sistema, solicitándolle a cada usuario que está actualmente no sistema que inicie unha sesión nova.

Limpar Datos Gardados

Limpa todos os datos gardados, incluíndo a información local, o módulo de axuda, e o módulo de busca.

Limpar Formularios Gardados

Limpa todas as versións gardadas dos formularios de HTML. Esta función pode ser útil para forzar os formularios a recargarse logo de personalizalos.

Fusión de Usuarios

A funcionalidade de Unir Usuarios permítelle ao Administrador do Sitio unir dous usuarios nunha soa conta, transferindo as asignacións de edición, os envíos, e outros numerosos rexistros desde unha conta a outra, eliminando efectivamente a primeira conta.

Esta funcionalidade de Unir Usuarios diferénciase da opción de Unir Usuarios dispoñible para o Administrador da Revista. A segunda limítase a unir contas de usuarios dentro dunha revista en particular, mentres que a primeira permítelle ao Administrador do Sitio unir contas de usuarios, mesmo entre varias revistas.

Transfírense os elementos a seguir:

  • Autoría do Artigo
  • Comentarios Públicos sobre os Artigos
  • Notas do Artigo
  • Asignacións e decisións do Editor
  • Revisión de Asignacións
  • Asignacións do editor de Diagramación
  • Asignacións do corrector de Probas
  • Correo Electrónico do artigo e entradas de inicio de sesión do evento
  • Claves de acceso do Revisor
  • Roles
Transfírense os elementos no a seguir:
  • Sesións
  • Subscricións
  • Estado de Notificación (ex. se o usuario se rexistrou para recibir notificacións sobre noticias da revista)
  • Afiliacións do Equipo Editorial
  • Estado do editor da Sección nas seccións
  • Información do Perfil de Usuario (ex. Nome, Apelido, etc.)

Esta funcionalidade debe ser empregada con coidado, xa que non é reversible e abrangue a transferencia de rexistros dun usuario a outro.