Axuda de Open Journal Systems

Administración do Sitio Web

OJS está deseñado para ser un sistema de moitas revistas, o Administrador do Sitio é responsable de realizar a configuración dos distintos niveis da revista e de crear novas revistas que sexan almacenadas nun só espazo web. Os sitios da revista son totalmente independentes, agás as contas de usuarios; mentres que un usuario pode participar en calquera combinación de roles e revistas, o mesmo enderezo de correo electrónico e nome de usuario hanse referir ao mesmo usuario sen ter en conta a revista.

Propiedades do Sitio

O Administrador do Sitio insire Información Básica que será aplicable a todas as revistas acumuladas polo sitio, incluíndo o título do sitio, a súa descrición e a información de contacto.

Redirección a unha Revista. Esta configuración pode ser utilizada para asegurarse de que todas as solicitudes sexan redirixidas a unha páxina Web dunha revista en particular. Normalmente esta configuración emprégase cando un sitio almacena unha soa revista.

Revistas recibidas

Xa que OJS permite que se xeren calquera número de usuarios e distintas páxinas Web de revistas, pódense crear novas revistas e administralas en calquera momento. Cada revista creada pode ser accedida a través dun URL único baseado nun camiño inserido polo Administrador do Sitio. As revistas que están actualmente no proceso de instalación e de configuración poden estar ocultas do sitio principal ata que estean preparadas para seren activadas.

Idiomas

OJS está deseñado para ser un sistema multilingüe, permitíndolles ás revistas que fornezan a información nunha gran variedade de idiomas nun só sitio. O Administrador do Sitio pode especificar o idioma predeterminado no sitio e instalar locais complementarios na medida en que estean dispostos, para facelos dispoñibles noutros idiomas para o uso das revistas.

Os paquetes complementarios de idiomas normalmente están dispoñíbeis para seren descargados desde a páxina Web de Open Journal Systems na medida en que se reciben as traducións achegadas polos usuarios do sistema. Estes paquetes poden ser instalados dentro dun sistema de OJS existente para que estean dispoñíbeis á revista.

Autenticación das Fontes

OJS autentica, por defecto, os usuarios en contraposición coa súa base de datos interna. Non obstante, é posible, usar outros métodos de autenticación como LDAP. Outras fontes de autenticación adicionais son implementadas como plugins de OJS; diríxete á documentación enviada con cada plugin para obter os pormenores.