Axuda de Open Journal Systems

Instalación

Open Journal Systems é unha aplicación de código aberto que pode ser descargada de balde e instalada case en calquera ordenador ou servidor.

Licenza

OJS é distribuído baixo os termos da GNU Licenza Pública Xeral. A descarga de OJS inclúe unha copia dos termos da licenza de redistribución do código de OJS na súa forma orixinal ou modificada.

Requerimentos

Recoméndase que o servidor cumpra cos seguintes requirimentos:

Actualmente OJS só foi probado en MySQL e PostgreSQL, porén outros sistemas de administración de base de datos son soportados por ADOdb poderían traballar (completa ou parcialmente). Os informes de Compatibilidade e/ou parches de código para DBMSs son sempre benvidos.

Descargar

OJS Pode descargarse desde a páxina Web do proxecto aquí.

Instalación

OJS inclúe un guión baseado nunha Web de instalación que guía o administrador do sistema durante o proceso de instalación. Está dispoñible tamén unha ferramenta alternativa de instalación de liña de comando.

  1. Descarga o arquivo OJS.
  2. Descomprima o arquivo de OJS no seu servidor de Web e colóqueo na localización desexada na árbore de documentos Web:
    $ tar -zxf ojs-2.*.tar.gz
    $ mv ojs-* /var/www/myjournal
  3. Fai os seguintes arquivos e directorios escribibles (ex., usando chown ou chmod):
    - config.inc.php (optional)
    - public
    - cache
    - cache/t_cache
    - cache/t_config
    - cache/t_compile
    - cache/_db
  4. Abre o explorador Web ata a localización da súa instalación de OJS ex., http://www.mydomain.com/myjournal/) e siga as instrucións na pantalla para completar a instalación. Consulte docs/README para máis información sobre o proceso de instalación.