Axuda de Open Journal Systems

Publicar

Cando chegue a hora de publicar o número, o editor debe premer sobre "##editor.issues.publishIssue##" na páxina do Número Activo para que o número sexa publicado, é dicir, a páxina coa Táboa de Contidos do número. Publicar un número fai que a súa Táboa de Contidos apareza cando Actual é seleccionado polos lectores, e a súa portada, se existe, aparecerá na páxina principal da revista. O número anterior que era Actual pasará a Números da revista. Se non hai portada, a Táboa de Contidos aparecerá na páxina principal, a non ser que a páxina principal estea ocupada por unha imaxe ou texto que fose cargado durante a Configuración polo Administrador da Revista para ocupar ese lugar. Publicar un envío tamén xera o envío de correos electrónicos de notificación aos Lectores rexistrados, este correo electrónico abrangue a Táboa de Contidos dese número e unha ligazón á páxina Web da revista.