Axuda de Open Journal Systems

Horario de Envíos

O Editor da Sección pode programar un envío para a súa publicación nun número en particular, en calquera punto do proceso de Edición. Normalmente, o Editor colocará o envío no primeiro número dispoñible, aínda que se pode dar o caso de que o número estea "completo" antes da súa publicación, ou que o Editor desexe asignar o envío no seguinte número para asegurar unha variedade de temas en cada número ou para agrupar tematicamente unha serie de envíos.

Publicación continúa de envíos. Se os envíos son publicados continuamente, é dicir en canto estean listos, o Editor pode programar o envío no número Actual, e deste xeito o envío será publicado inmediatamente. Ao final dun Volume por Ano, o próximo envío aparecerá no Volume do próximo año, para o cal se actualizará a Táboa de Contidos ou publicarase con este envío.

Unha vez que o envío foi programado nun número en particular, o nome do número e a ligazón á Táboa de contidos será presentada ao Editor de Diagramación e ao Corrector de Probas.