Axuda de Open Journal Systems

Crear Edición

Antes de utilizar a páxina de programación do Editor (ver páxina de Edición de envíos) para programar envíos nun número para a súa publicación, o Editor debe utilizar o botón Crear Número para ter a certeza de que existe un número ao que se lle poidan engadir envíos. O número debe ser identificado cos números pertinentes e/ou título, dependendo da opción seleccionada na Configuración (por exemplo, Vol. 2, No 5, 2008). Mentres o sistema inducirá o Editor en Crear Número a utilizar o próximo número cada vez que se crea un número, o Editor pode omitir estas configuracións e inserir un novo conxunto de números ou un ano diferente. Existe tamén a opción de engadirlles un título aos números, que aparecerá sobre a Táboa de Contidos, e pode ser utilizado, por exemplo, para números especiais da revista.

Control de Subscrición. Se o Administrador da Revista habilita o control de subscrición para a revista (dispoñible baixo Configuración da Revista Paso 4.1), o Editor ten a opción de habilitar o control de subscrición en base a cada número. Mudar o Estado de Acceso a Subscrición permitirá que só os usuarios e institucións subscritas teñan acceso ao material, en cambio cando se cambia o Estado de Acceso a Acceso Libre permitirá que o contido do número estea dispoñible para todos os usuarios. Ademais, se o Estado de Acceso se cambia para Subscrición, o Editor pode proporcionar unha data de Acceso Libre na que o contido da revista poida estar dispoñible para todos os usuarios.

Creando unha portada. Tamén existe a opción de cargar unha imaxe para a portada da revista, co formato de ficheiro .jpg, .png ou .gif. Pódese acceder a este arquivo na Táboa de Contido, onde aparecerá na listaxe como Páxina de Portada ou Capa. Aparecerá na páxina principal da revista mentres o número estea Actual, e poderase premer para chegar á Táboa de Contidos dese número. Unha vez que o número sexa arquivado, a portada permanecerá dispoñible co número a través da Táboa de Contidos.

Números Actuais, Futuros e Anteriores. O número Actual é o último número da revista publicado. Os Números Futuros son aqueles nos que o Editor programa envíos e que serán publicados proximamente. Pode ocorrer que o Editor desexe asegurarse de que sempre hai dúas ou tres series activas, números sen publicar, e que permitan a programación de envíos nalgúns números, por exemplo, por razóns de balance. Os números Anteriores son aqueles números que xa no son Actuais e que xa foron publicados.