Axuda de Open Journal Systems

Proceso de Publicación

O Editor leva a cabo o proceso de publicación creando números e/ou volumes para a revista, programando envíos a eses números, organizando a súas Táboas de Contidos, e finalmente publicando ese número .A revista pode ser publicada en varios formatos. O padrón típico consiste en reunir envíos nun número que será publicado trimestralmente (ou dúas veces ao ano). Porén, algunhas revistas electrónicas prefiren publicar os envíos en canto están listos, facendo parte dun volume anual, que comeza co primeiro envío do ano e remata ao cabo do ano, cando comeza outro volume. Por iso, neste Texto de Axuda, emprégase o termo número, malia consistir un número nunha Táboa de Contidos que pode ser identificada por (a) número, volume, ano; (b) volume, ano; (c) ano; ou (d) título. O xeito en que se identifican os números é parte do proceso de Configuración que debe realizar o Administrador da Revista.