Axuda de Open Journal Systems

Pagamentos

Desde a páxina de administración, o administrador da revista pode habilitar o Módulo de Pagamento de Tarifas para aceptar pagamentos, ben sexa a través de PayPal, ben a través dun proceso manual, para as tarifas do autor ou para o acceso a artigos. O Módulo de Pagamento de Tarifas mantén un seguimento dos usuarios de pago, e tamén mostra a información das tarifas na páxina de Sobre a Revista. Ademais, se o Módulo de Pagamento de Tarifas está habilitado é posible para os usuarios renovar a súas subscricións e filiacións desde a súa Páxina Principal de Usuario.

O módulo de pagamento de tarifas esta dividido en tres subseccións diferentes: Opcións de pagamento de tarifas, métodos de pagamento de tarifas e rexistros.

Opcións de Pagamento de Tarifas

O primeiro paso para establecer o módulo de pagamentos é activar todas as opcións desexadas na Páxina de Opcións de Pagamento de Tarifas.

Opcións Xerais
O módulo de Pagamentos pode ser activado ou desactivado baixo Opcións Xerais, e aquí tamén se pode establecer a moeda. Por favor observa que a moeda que selecciones no módulo de Pagamento concorda coa túa moeda de subscrición, se tamén se están a utilizar as subscricións.

Tarifas do Autor
O Administrador da Revista pode activar tarifas individuais para entregas de Artigos, Revisión Rápida e Publicación do Artigo baixo o encabezamento de Tarifas do Autor. Ademais, o Administrador da Revista pode editar os totais das tarifas, os títulos e as descricións de cada un, e tamén pode editar unha política xeral de renuncia. Toda está información aparecerá na páxina de Sobre a Revista baixo Tarifas do Autor, e tamén aparecerá no proceso de entrega do Autor.

Se está habilitado, en tarifas de Entrega de Artigo debe ser pagado polo Autor antes de que se complete o Paso 5 do proceso de entrega do artigo. Os autores poderán solicitar unha renuncia e aínda poderán enviar o artigo, porén, a solicitude debe ser revisada polo Editor desde a páxina de Entregas non Asignadas.

A tarifa de Revisión Rápida, se está activada, é opcional e como tal non debe ser cancelada para completar o proceso de entrega. Se é cancelada, a entrega será de cor cincenta na fileira de seguimento de entregas do Editor, para que este repare que se trata dunha entrega de revisión.

Se a tarifa de Publicación do Artigo está habilitada, o Autor deberá pagar a tarifa solicitada antes da publicación do artigo. Esta tarifa non debe ser pagada cando se envía o artigo. O Autor recibirá notificacións do Editor informando da aceptación do artigo para a súa publicación, é entón cando deberá iniciar sesión e pagar a Publicación do Artigo; isto pódese facer desde a fileira de Entregas Activas do Autor. En canto á tarifa de Entrega do Artigo, o Autor pode solicitar a renuncia desta tarifa.

Tarifas dos Lectores
O administrador da revista pode habilitar pagamentos de tarifas polas subscricións, e así pagamentos de Pay-Per-View por artigo.

Se os pagamentos de subscrición están habilitados, os usuarios subscritos terán que renovar a súa subscrición desde a súa páxina principal de usuario. Por favor, revisa que as subscricións non son actualizadas automaticamente ao recibir o pagamento. Os pagamentos de subscricións aparecerán na páxina de rexistros de pagamento cunha ligazón á páxina de subscrición de usuario correspondente, aínda que a renovación da subscrición dun usuario deberá realizarse manualmente polo administrador da revista ou polo administrador de subscricións nesa páxina de subscrición de usuario correspondente.

Se os pagamentos de artigos Pay-Per-View están habilitados, o acceso ao contido protexido por subscrición estará dispoñible de acordo a unha política de acceso por artigo. Os usuarios deben rexistrarse na revista para poder mercar contido. Unha vez mercado, os usuarios terán acceso permanente a ese contido.

Tarifas Xerais
O administrador da revista en tarifas xerais, pode habilitar o pagamento de tarifas para afiliacións de asociación e de doazóns á revista.

Se a opción de pagamento de tarifas de Filiación de asociación está habilitada, a súa descrición aparecerá en Sobre a Revista, baixo Políticas. Os usuarios rexistrados tamén terán a opción de pagar tarifas de filiación desde a súa páxina principal de usuario.

Se a tarifa de pagamento de doazóns está habilitada, aparecerá unha ligazón de Doazóns situada, por defecto, á dereita da barra de navegación. Premer sobre esta ligazón permitiralles aos usuarios rexistrados facer doazóns á revista, utilizando calquera método de pagamento de tarifas que teña seleccionado o administrador da revista.

Métodos de Pagamento de Tarifas

O administrador da revista ten a opción de habilitar o pagamento manual de tarifas ou o pagamento de tarifas con PayPal desde esta páxina. Esta escolla determinará se os usuarios atoparán unha páxina de pagamento manual de tarifas ou unha de PayPal cando desexen realizar un pagamento.

Pagamento Manual de Tarifas
Se selecciona esta opción, o administrador da revista debe tamén incluír instrucións sobre como se debe realizar o pagamento manual, por exemplo, a quen deben contactar, ou onde é que deben enviar o pagamento. Estas instrucións aparecerán na páxina de Pagamento Manual de Tarifas cada vez que sexa necesario realizar un pagamento: por exemplo, no momento da entrega dun artigo ou cando un usuario desexe renovar a súa subscrición ou afiliación.

Cando se habilita o pagamento manual de tarifas, o editor debe marcar manualmente as tarifas de entrega, revisión rápida e publicación como pagadas ou renunciadas. Isto pódese facer desde a Páxina de resumo da entrega, e así aparecerán os rexistros respectivos na páxina de rexistros de pagamentos.

Pago PayPal de Tarifas
Se selecciona esta opción, o administrador da revista debe decidir entre un nivel de proba ou de produción de URL para interactuar co servizo de Notificación de Pagamento Instantáneo de PayPal (IPN), e debe inserir a conta de correo electrónico correcta do vendedor no formulario proporcionado.

Os usuarios terán a opción de inserir a PayPal e pagar a tarifa cando necesiten facelo: Por exemplo, no momento de enviar un artigo. Despois de que proceda ao pagamento con PayPal, háselle indicar ao usuario que volva á páxina da revista, e a tarifa será engadida automaticamente á páxina de rexistro.

Rexistros

A páxina de rexistros mantén un seguimento dos pagamentos realizados polos usuarios, o tipo de pagamento, a data e outros pormenores.