Axuda de Open Journal Systems

Anuncios

OJS habilita o administrador da revista para que poida colocar anuncios que estean dispoñibles para os lectores que visitan a páxina. Os anuncios enviados aparecerán na páxina de anuncios e, opcionalmente, na páxina principal da revista.

Desdobrando o módulo de anuncios. O administrador da revista debe indicar no paso 4.4 da configuración, que a revista publicará anuncios, Ademais, debe indicar se os anuncios deben ser visualizados ou non na páxina principal da revista. Tamén se pode proporcionar un texto introdutorio que apareza na parte superior da páxina de anuncios.

Creando Anuncios. O administrador da revista pode crear un anuncio seleccionando o tipo de anuncio (se é necesario), indicando un título para o anuncio e fornecendo unha descrición breve e unha completa do anuncio. O texto de descrición breve é visible para os lectores como un resumo do anuncio, non obstante o texto de descrición completa é visible para os lectores cando deciden escoller o anuncio para ler os detalles completos. Tamén se pode especificar unha data do fin da vixencia ou vencemento opcional. Os anuncios que inclúen unha data de vencemento non poderán ser visibles para os lectores unha vez que pase a data.