Axuda de Open Journal Systems

Importar/Exportar Datos

A característica de Importar/Exportar Datos, dispoñible na administración da revista, permítelle ao administrador da revista inserir e extraer datos desde OJS.

Importar/Exportar datos desenvolveuse utilizando plugins, cada formato ou tipo de datos está provisto dun plugin diferente. Para máis información, diríxete á documentación de cada plugin, que se atopa no directorio de plugins de OJS.

Con OJS envíanse cinco plugins de Importar/Exportar, e están ilustrados a continuación.

A función Importar/Exportar tamén está dispoñible como unha ferramenta de comandos; Para máis información véxase tools/importExport.php

Plugin de Usuarios XML

O plugin de usuarios XML pode usarse para importar e exportar usuarios e os seus roles e funcións. Para máis información véxase XML DTD en "plugins/importexport/users/users.dtd"

Erudit Article Export Plugin

O Erudit Article Export Plugin implementa exportacións de artigos individuais para a indexación do texto completo utilizando Erudit's XML DTD. Para máis información véxase http://www.erudit.org

Artigos & Publicacións Plugin XML

Os artigos & Publicacións Plugin XML é o método primario para agrupar, importar e exportar. Pode utilizarse para importar e exportar artigos múltiples, publicacións individuais e publicacións múltiples, incluíndo os metadatos globais. Para máis información deste plugin, véxase o XML DTD en "plugins/importexport/native/native.dtd".

Plugin PubMed XML Export

O Plugin PubMed XML Export proporciona un plugin de Importar/Exportar para xerar información bibliográfica para os artigos na publicación actual no formato editorial XML de datos estándar PubMed para indexar en NLM PubMed/MEDLINE. Para máis información do formato XML e os requirimentos de datos en: http://www.ncbi.nlm.nih.gov/entrez/query/static/spec.html. Pode atopar máis información sobre este plugin en "plugins/importexport/pubmed".

Plugin Crossref XML Export

O Plugin Crossref XML Export proporciona un plugin de Importar/Exportar para xerar os metadatos de información dos artigos e publicacións para a súa indexación en CrossRef. Detalles sobre o formato XML e requirimentos de datos están dispoñibles en: http://www.crossref.org/schema. Pode encontrar máis información sobre este plugin en "plugins/importexport/crossref".