Axuda de Open Journal Systems

Encabezamento

Existen dous métodos que son utilizados polo Administrador da Revista para definir o Encabezamento da Revista, que aparecen na páxina do Equipo Editorial en Sobre a Revista: usando roles editoriais asignados, e creando títulos de equipos editoriais personalizados.

Xerando o Equipo editorial Usando roles e funcións editoriais asignadas

Cando se selecciona esta opción, a información do Equipo Editorial en Sobre a Revista é xerada automaticamente utilizando as funcións editoriais definidas nas páxinas do Administrador da Revista. Os usuarios rexistrados como Editores, Editores de Sección, Editores de Diagramación, Editores de Corrección de Textos, e Correctores de Probas deberan ser inseridos nunha listaxe.

Xerando o equipo editorial Usando títulos personalizados para o equipo editorial

Se un Administrador da Revista desexa ter máis control sobre a información presentada en páxina do Equipo Editorial en Sobre a Revista, pode habilitar esta opción desde a páxina de inicio (ver Administración da Revista). Cando esta opción está habilitada, créanse varios títulos baixo a páxina de Inicio que se empregará para xerar información publica do Equipo Editorial así como información sobre outras persoas relacionadas coa revista, se así se quixer.

Para crear títulos personalizados, o Administrador da Revista debe premer sobre Crear Título de Posición (por exemplo, Editor en Xefe, Editores de Sección, Xunta Editorial, etc.), e decidir se o título aparecerá baixo o Equipo Editorial en Sobre a Revista, ou baixo Persoas en Sobre a Revista. O Administrador da Revista pode arranxar a disposición de visualización dos Títulos Editoriais na páxina principal de Inicio, utilizando as frechas de arriba e abaixo, e pode editar e eliminar os títulos se o considera necesario.

Para ver, engadir e remover membros a un título específico, o Administrador da Revista debe premer sobre a ligazón de Filiación ao lado do nome do título. Isto mostrará a listaxe de usuarios actuais dese título en particular. O Administrador da Revista pode arranxar a orde da listaxe de membros e, pode eliminar membros se o considera necesario. Para engadir un novo asociado, o Administrador da Revista debe premer sobre Engadir Membro, e poderá inscribir un usuario desde a listaxe de membros da revista.