Axuda de Open Journal Systems

Contextos

Cada conxunto de Artigos relacionados está conformado por ferramentas individuais (exemplo, Estudos Relacionados, Foros en Liña, etc.) cada ferramenta consiste nun número de base de datos relevantes e agrupados nun contexto. Estas bases de datos, e os contextos nos que están organizadas, poden ser creadas, editadas ou eliminadas.

Metadatos para Artigos nun Contexto. O administrador da revista pode alterar o título da ferramenta. Tamén dá unha opción que permite determinar se as palabras clave , o nome do autor (exemplo, para uso noutros traballos do autor), ou os termos de indexación xeográfica poidan ser usados para a procura da base de datos. Outra opción, utilizada para definir termos, permítelle ao lector seleccionar o termo de busca facendo dobre clic sobre calquera palabra no texto que está a ler na revista. Os administradores da revista poden utilizar estas opcións para construír as súas propias ferramentas de lectura.

Editar buscas para cada ferramenta. A través das buscas, o administrador da revista pode editar ou eliminar o URL para cada base de datos nunha ferramenta, e reordenar as bases de datos que aparecen na ferramenta. Fornécese por cada base de datos un URL que lle permite ao lector aprender máis sobre a base de datos, e un URL que permite facer buscas. Se estes dous tipos de busca non funcionan pódese acudir a ANUNCIAR.

OBTER busca

Para as procuras OBTER inicia unha busca e revisa o URL resultante. Ex., en Google, unha procura para "FOOBAR" devolve o URL

http://www.google.ca/search?hl=en&q=FOOBAR&meta=

Substitúe o termo de busca, FOOBAR, coa variable {$formKeywords}. Cando OJS atope esta variable, substituiraa polo valor pertinente desde os metadatos do artigo. Isto devólvenos un URL de busca de

http://www.google.ca/search?hl=en&q={$formKeywords}&meta=

para o RT. Porén, xa que os outros parámetros non son necesarios para este caso, podemos empregar un URL simplificado de

http://www.google.ca/search?q={$formKeywords}

para o RT.

Buscas ANUNCIAR

Para os formularios ANUNCIAR, o proceso é máis complexo. Mais unha vez, ao realizar a busca no Google, poderás ver as fontes das páxinas, e notarás <form action="/search" ...>, que nos devolve unha base de inicio do URL http://www.google.com/search. Despois poderás revisar cada un dos <input ...> y <select ... > elementos no formulario, e engadilos como name=value pares separados por & ao final do URL. O elemento que especifica a caixa de texto que acepta textos inseridos por usuarios (no caso de Google, chamadoq), debes ter outra vez un valor de {$formKeywords}, que será substituído polo valor pertinente.

Un xeito máis doado de ANUNCIAR formularios é copiar a fonte do HTML a un arquivo, e cambialo method=post por method=get no formulario do campo pertinente, e mudar o valor do action= formulario para facer un URL completo, ex.,http://www.google.com/search en lugar de /search. Posteriormente, podes ver o arquivo de HTML modificado no teu explorador e utilizar o método OBTER previo, para construír o URL.

En caso de que o método anterior non funcione, debido a que algúns motores de busca non soportan as buscas OBTER, podes inserir un formulario de datos de ANUNCIAR no campo de "buscar datos de anunciar" Se o exemplo dado anteriormente precisa que os datos sexan anunciados, insire http://www.google.com/search para o URL de busca e q={$formKeywords} para os datos de anunciar .

Asegúrate de comprobar que as URL funcionan correctamente, isto pódelo facer substituíndo {$formKeywords} cun termo no URL e probando se esta mostra os resultados de busca agardados. Nota que non sempre é posible executar isto cos formularios de ANUNCIAR, xa que depende do sitio. Para as URL que non teñen motores de busca axeitados, existe a posibilidade de utilizar Google e restrinxir por sitio. Podes utilizar unha busca como site:mysite.com FOOBAR en Google para pescudar o termo "FOOBAR" só dentro de mysite.com. Isto utilízase nos RTs actuais para diferentes sitios.