Axuda de Open Journal Systems

Conxunto de Artigos Relacionados

Os administradores da revista poden editar, engadir, e revisar calquera das disciplinas e áreas baseadas nos conxuntos de Ferramentas de Lectura. Estas ferramentas empregan bases de datos que foron seleccionadas pola súa relevancia e fácil acceso para todos os lectores. É preciso que o administrador da revista poida mudar ou mesmo eliminar as listaxes, xa que a localización e os URLs destas bases de datos mudan. As Ferramentas están agrupadas en categorías (exemplo, Estudos relacionados, Disertacións, etc.), cun número de base de datos en cada un.

Validar Ferramentas de Lectura. Esta característica revisará a validez dos URLs de busca que son utilizados por cada base de datos para atopar artigos que sexan relevantes para o artigo que acompañan as ferramentas (isto faise utilizando os termos de indexación do autor). Se o URL é inválido, o administrador da revista pode arranxar as configuracións atopando o novo URL, pedíndolle axuda a outra persoa ou eliminando a base de datos do conxunto de ferramentas de lectura. Unha vez que esta característica se executa en cada base de datos, precísase algo de tempo para completarse e o resultado amosará unha declaración para cada base de datos, dando fe da súa validez ou explicando a razón do problema.

Metadatos para cada conxunto de ferramentas de lectura. Os metadatos para cada conxunto de ferramentas proporcionan o título das ferramentas e unha breve descrición que lle permite ao administrador da revista modificar a organización das ferramentas e crear novos conxuntos.

Contextos para o Conxunto. Cada conxunto de ferramentas consiste en varias agrupacións, ou contextos, de base de datos (exemplo, Estudos Relacionados, Foros en liña, etc.) con cada contexto composto por un número de base de datos relevantes. Estas base de datos poden ser creadas, editadas ou eliminadas. As agrupacións tamén poden ser reordenadas.

Exportar os Datos. Se o administrador da revista desenvolve ferramentas de lectura suplementarias, pódense exportar ao proxecto de coñecemento público utilizado por outras revistas en campos relacionados.