Axuda de Open Journal Systems

Opcións de Ferramentas de Lectura

O administrador da revista pode seleccionar unha ou todas as ligazóns xenéricas opcionais como facendo parte dun conxunto de Ferramentas que aparecerán nun cadro á dereita de todos os artigos na sección da revista que estean indexados como parte do conxunto de ferramentas (exemplo, Artigos e non anuncios de conferencia). O administrador da revista tamén pode seleccionar unha disciplina ou unha área baseada no conxunto de Ferramentas de Lectura, amosadas como artigos relacionados ao seren visualizados. O administrador da revista pode examinar, editar, eliminar ou engadir as ferramentas en cada un dos conxuntos de artigos relacionados ao ir aos conxuntos de artigos relacionados, en Ferramentas de Lectura.

O mesmo conxunto de ferramentas de lectura aparece con cada artigo nas seccións indexadas da revista. Porén, as ferramentas de lectura usan os termos de indexación fornecidos polo autor, para asegurar que os materiais encontrados na base de datos sexan relevantes. O administrador da revista pode cambiar as ferramentas de lectura seleccionadas en calquera intre.