Axuda de Open Journal Systems

Subscricións

OJS soporta revistas por subscrición porque fornece un compoñente de administración de subscricións e a súa protección de contrasinal correspondente para o contido en liña da revista. As subscricións poden administrarse por usuarios individuais, organizacións ou institucións. Unha revista por subscrición tamén pode fornecer acceso libre aos seus números previstos a través dun formulario de adiamento de acceso libre. Na administración do número, o editor autoriza o libre acceso aos lectores do contido dun número ou artigos individuais desde cero ata 24 meses despois da súa publicación inicial e a dispoñibilidade desta para os seus subscritores.

Os administradores, Editores, Editores de Sección, Editores de diagramación, Editores de Corrección de Textos e Correctores de Probas da revista poden acceder a ela como se estivesen subscritos.

Desdobrando o módulo de Subscrición. O administrador da revista debe informar na configuración, 4.1 Acceso e Seguridade, propiedades, a revista estará utilizando este sistema para administrar as súas subscricións e que alguén, rexistrado como administrador da revista ou administrador de subscricións, vai ser designado para administrar esta característica.

Tipos de Subscricións

Establecendo os Tipos de Subscricións. O primeiro paso na configuración da administración de subscricións é designar os tipos de subscricións que ofrece a revista. É usual que as revistas ofrezan tarifas, por exemplo, para subscricións individuais e institucionais. Algunhas revistas teñen ofertas especiais para membros dunha organización ou para estudantes. OJS soportará a administración de impresión e/ou subscricións en liña. Pódese crear máis dun tipo de subscricións para abranguer períodos de tempo máis longos (12 meses, 36 meses).

Opcións para Tipos de Subscricións. Para subscricións "institucionais", emprega a opción "validada a través dun dominio ou autenticación do IP", xa que a todos os membros da institución, que veñen do seu dominio asociado ou enderezo IP, háselles permitir o acceso sen contrasinal. De xeito similar, a opción "membros dunha organización" debe ser utilizada para a subscrición de usuario, sexa de balde ou cun desconto para os membros. Usa a opción "visible ao público" para que apareza o tipo de subscrición e as súas tarifas en Subscricións e en Sobre a Revista. Malia seren visibles a maioría dos tipos de subscricións en Sobre a Revista, os tipos creados para consideracións internas, subscricións do persoal, e para propósitos de administración, por exemplo, non aparecerán na páxina Sobre a Revista.

Subscricións

Creando Subscricións. Para subscritores individuais, o administrador da revista (ou o de Subscrición) debe rexistrar o subscritor como lector, se aínda non se rexistrou, e logo na páxina de Crear Subscricións debe inserir o tipo e a data para a Subscrición. Sobre gardar esta información, enviaráselle ao subscritor un correo co nome de usuario, que servirá para todo o contido que publica a revista ata que o usuario sexa eliminado da listaxe de subscricións polo administrador da revista.

Subscricións Institucionais e de Organizacións. Para subscricións Institucionais, é preciso que a persoa de contacto coa institución estea rexistrada como lector , e posteriormente seleccionada polo administrador da revista (ou o de subscricións) na páxina de Crear Subscricións. A persoa de contacto terá que achegar o dominio da institución ou do enderezo de IP, que son utilizados para validar a conta, evitando que os usuarios individuais necesiten ter contas de usuario para acceder ao contido por subscrición. As Organizacións con listaxe de usuarios poden importar estas listaxes ao sistema, a través da función Importar Usuarios na Administración da Revista.

Políticas de Subscrición

A través das Políticas de Subscrición, O administrador da revista pode inserir a información de contacto do administrador de subscrición, que aparecerá en Sobre a Revista (canda os tipos de subscrición e remuneración que xa se atopan aí); establecer recordatorios de data de vencemento da subscrición; establecer opcións de acceso libre; e definir a política de arquivamento feita por un autor, que tamén aparecerá en Sobre a Revista.