Axuda de Open Journal Systems

Administrador da Revista

O administrador da revista é responsable de xestionar o sistema de publicación. Isto non implica ningún tipo de habelencia técnica mais implica cubrir os formularios e cargar os arquivos. O administrador da revista fai a Setup para a revista, e rexistra os editores, editores da sección, correctores, editores de diagramación, os editores de corrección de textos, os correctores de probas e os revisores. Alternativamente, os nomes e os correos dos revisores, se xa existen noutra base de datos, poden importarse ao sistema, a través da función Importar persoas baixo Import/Export Data. O administrador da revista tamén ten acceso ao sistema de administración doutras revistas, e pode crear novas seccións para a revista, editar o conxunto de correos defectuosos que usa o sistema, xestionar as Reading Tools que están dispoñibles con esta revista, e supervisar as Journal Statistics que pode xerar o sistema.

Repara que aínda que aparentemente a función do administrador da revista, é unha función para unha soa revista, en xeral os administradores das revistas poden ser considerados como usuarios confiables no sistema e por iso, teñen a capacidade de asumir as identidades doutros usuarios que poden estar inscritos noutras revistas.