Axuda de Open Journal Systems

Crear un novo usuario

O administrador da revista pode usar a ligazón Crear un Novo Usuario para rexistrar a alguén e asignarlle unha función ou rol, desde o administrador da revista ata o lector. O usuario, ao iniciar a sesión, pode completar ou mudar a información do perfil inserida polo administrador da revista.

Cambiando un contrasinal. Os usuarios poden cambiar o seu contrasinal despois de iniciar sesión na revista. O administrador da revista non pode acceder a un contrasinal unha vez que foi asignado. Porén, o sistema xerará un novo contrasinal e convidará a premer sobre "Esqueciches o teu contrasinal?" a ligazón baixo a caixa de inicio de sesión.

Rexistrar un usuario existente. O administrador da revista pode asignar a un usuario existente unha ou outras novas funcións.

Sincronizar usuarios. O rexistro sincronizado rexistrará a todos os usuarios rexistrados nun rol especifico para a revista dentro da mesma función nesta revista. Esta función permite que un conxunto común de usuarios (por exemplo, Revisores) sexan sincronizados entre revistas.