Axuda de Open Journal Systems

Explorador de Arquivos

O explorador de arquivos permítelles aos administradores da revista percorrer e xestionar a xerarquía dos arquivos cargados para a revista (incluíndo todos aqueles cargados a través da administración de entregas). Os arquivos poden ser vistos, trasladados, e removidos do mesmo xeito en que se interactúa co sistema do arquivo local.

Repara que a intención disto é facilitar a administración e acotío non será preciso utilizalos na administración diaria da revista. A información das entregas está conservada como unha combinación de arquivos e rexistros de base de datos; a eliminación dos arquivos de entrega no explorador de arquivos non os eliminará dos rexistros da base de datos asociada.