Axuda de Open Journal Systems

Seccións da Revista

O Administrador da Revista ten competencia para crear diferentes seccións dentro da revista, usualmente, baixo a administración da revista. De xeito habitual, unha revista pode incluír seccións como Artigos, Críticas de libros, Notas de investigación, Aplicacións Clínicas, Comentarios, Editorial, etc.

Se se deciden usar Editores de Sección, o Administrador da Revista pode designar Editores de Sección que se encarguen de supervisar o proceso editorial daquelas entregas que chegaron á Sección. (O editor asigna entregas naUnassigned liña de entregas a un dos Editores da Sección designada como parte do proceso editorial).

Pódense presentar Seccións en diferentes formatos ou deseños de diagramación dentro da Revista. A táboa de contidos, que arranxa o Editor para cada número, está dividida dentro das Seccións creadas, non obstante se non hai contido para unha Sección en particular nun determinado exemplar, a sección non aparecerá na táboa de contidos.

Creando unha política de Sección. na configuración da sección, o administrador da revista debe achegar unha breve declaración de intencións á Sección, que estará dispoñible para os autores e os lectores en Sobre a revista, baixo as políticas da Sección. A declaración debe describir o alcance da Sección e o tipo de entregas que desexa recibir. Tamén debe incluír información sobre se as entregas á sección son revisadas e indexadas, se a Sección é aberta ou se está restrinxida a unha invitación para publicar traballos (ou a Editores), a extensión desexada para os artigos etc.

Indexando os contidos dunha Sección. Os artigos dunha sección deben ser indexados como ítems se contribúen ao contido literario da revista (que non sería o caso, por exemplo, cunha sección dedicada a anuncios ou conferencias de traballo). A opción de indexar habilitará os autores para que insiran metadatos relevantes para a indexación dos artigos que achegan. Estes metadatos estarán dispoñibles para procurar motores de busca que se adhiran ao protocolo do indexador de metadatos da Iniciativa de Arquivos Libres e a outros servizos de indexación, despois de publicarse o artigo. Engadiranse os autores dos artigos indexados na sección na listaxe de autores na páxina de busca xunto coas ferramentas de lectura seleccionadas para esta revista polo Administrador da Revista.

Habilitando ou Deshabilitando resumos. Algunhas seccións como a crítica de libros non precisarán resumos; esta opción permítelle ao administrador da revista deshabilitar os resumos para esta sección. Cando os resumos están deshabilitados, non poderán ser solicitados durante o proceso de entrega do artigo, ou visualizado na táboa de contidos.

Configurando a identificación dun artigo. Cando se presentan os metadatos, os visualizadores ou sistemas externos (ex. a través do indexador OAI), a tipoloxía de artigo terá que ser identificada. Por exemplo, un artigo pode estar revisado por expertos, sen referencias, un artigo convidado etc.

Restrinxindo os contidos dunha Sección. A caixa de restricións debe ser verificada para as seccións da revista (así, Editoriais ou Entrevistas) que no están abertas a entregas de autores sen restrición. As entregas restrinxidas deben vir dos editores ou por invitación. Unha sección deste tipo só pode ser entregada a autores que tamén estean rexistrados como editores ou editores da sección.

Ocultando o título da sección na táboa de contidos. Pode que se desexe solicitar entregas para unha sección e/ou organizar artigos publicados nunha sección ocultando o nome da sección cando se lles presenta aos lectores.

Sobre. Pode que desexe eliminar información sobre esta sección que aparece en Sobre a Revista. Isto é funcional se, por exemplo, ten unha sección da revista que só se actualiza ás veces , ou unha sección de erros.