Axuda de Open Journal Systems

Configuración

O Administrador da Revista configura a revista, logo de instalar o sistema nun servidor Web, pasando por cinco pasos: enchendo os formularios e configurando a administración da revista. A configuración non ten porque ser realizada de inmediato: pódense encher e gardar os formularios; despois, o Administrador da Revista pode volver á configuración e completar a tarefa ou ben realizar cambios en calquera intre.

A configuración está dispoñible para o Administrador da Revista na páxina de Administración da Revista, e contén o seu propio conxunto de textos de Axuda achegando cada un dos formularios. A configuración da páxina Web da Revista precisará decisións e textos para os seguintes artigos, entre outros, poden prepararse con anterioridade coo asesoramento dos Editores ou engadirse máis adiante.

  • Contacto principal para a revista
  • Contacto Técnico
  • Declaración de obxectivos e alcance da Revista
  • Seccións e política da Revista
  • Pautas para o Autor
  • Requirimentos de entrega para os autores
  • Indexar elementos e exemplos acaídos
  • Política de revisión feita por expertos
  • Pautas do revisor
  • Política de Dereitos de Autor
  • Política de acceso libre
  • Xunta Editorial/Xunta de Revisión
  • Políticas de Subscrición
  • Uso de editores de diagramación, editores de corrección de textos, e/ou correctores de probas