Axuda de Open Journal Systems

Preguntas frecuentes

1. Como empezo unha revista con OJS?

  1. Descarga OJS e instala o software, seguindo as instrucións da guía nun servidor Web que cumpra cos requirimentos do software.
  2. Usa o nome de usuario de administración e o contrasinal xerado na instalación de OJS para iniciar sesión.
  3. Crea unha revista nova sobre Revistas Presentadas.
  4. O Administrador do sitio será rexistrado automaticamente como Administrador da Revista, da nova revista, mais se fose necesario, crea un novo usuario (ou usuarios) no rol de Administrador da Revista
  5. Entón, o Administrador da Revista terá que ir á Configuración pasando polos cinco pasos (aínda que non necesariamente por todos á vez), e o resultado será unha páxina Web axeitada para recibir envíos, administrar o proceso editorial e publicar a revista en liña.
  6. Consulta OJS nunha Hora para máis información sobre como comezar a empregar OJS.

2. Onde podo atopar soporte técnico, enviar incidencias de erros, e propor melloras no uso de OJS?

O Proxecto de Coñecemento Público opera un Foro de Asistencia con máis dun milleiro de comentarios entre os cales se poden procurar respostas, ademais de facer preguntas. Por exemplo, pódense buscar mensaxes de erro, para chegar ás solucións propostas a problemas coñecidos. Se isto falla, os usuarios poden enviar preguntas a pkp.contact@gmail.com. As achegas de incidencias de erros deberán ser enviadas a través de PKP Github issues.

3. Como debo proceder para traducir OJS noutro idioma?

Hai instrucións nos arquivos docs/README incluídos na descarga de OJS. Información sobre problemas comúns de tradución pódese atopar tamén en Foro de Asistencia de PKP.

4. Por qué os autores reciben a mensaxe "neste intre a revista non acepta envíos"

Se o Administrador da Revista seleccionou a opción da sección etiquetada como "Os Artigos só poden ser enviados polos Editores e os Editores da Sección" para todas as secciones creadas, entón só os Editores e os Editores da Sección poderán enviar. Alternativamente, se todas as seccións foron eliminadas, poderáselles presentar aos autores esta mensaxe.

5. Que podemos facer se queremos ofrecer acceso a manuscritos que están en proceso de revisión ou no estado "preimpresión" antes de que este sexa publicado na revista?

Os Editores teñen dúas opcións para ofrecer "accesos de preimpresión." Poden crear unha sección de preimpresión, na cal se poidan engadir os artigos que están aprobados para o seguinte número e que aínda non están preparados para a súa publicación. Os artigos de preimpresión son engadidos na táboa de contidos do número actual. Unha vez que o novo número está preparado para ser publicado, o editor elimina os artigos dos números anteriores e trasládaos ao novo número. Alternativamente, os editores poden usar o URL para "Ver Proba" dun envío da etapa de maquetaxe, na páxina de Edición do artigo, para crear unha versión de preimpresión. Ese URL fornecerá acceso á "vista preliminar" do artigo (a usuarios con privilexio de lectura) antes da súa publicación nun número da revista. Non obstante, PKP fará un seguimento sobre o interese que xera esta característica e poderá considerar a creación dun proceso formal para iso.

6. Como podo facer a miña revista visible na Web?

A túa revista axiña comezará a aparecer nos resultados de Google e noutros motores de busca importantes, mais podes seguir outros vieiros. Asegúrate de rexistrar a revista no Indexador de PKP no Paso 3 da Configuración, permitirá que a túa revista sexa incluída nos índices da Iniciativa de Arquivos Libres, incluíndo o Indizador de PKP e OAIster. Se a túa revista é de acceso libre, fala co bibliotecario da túa universidade sobre como pode listar a revista coas revistas electrónicas da biblioteca e sobre como pode contactar con outras bibliotecas de investigación a través dunha listaxe do servizo de bibliotecas. Comproba se podes empregar a páxina Web ou unha listaxe de servizos das asociacións profesionais pertinentes para anunciar o "chamamento a entrega de ensaios" ou para o lanzamento oficial da revista. Finalmente, na Configuración baixo Seguridade e Accesos (2.7), o Administrador da Revista debe permitirlles aos usuarios que se rexistren como lectores para que se lles poidan notificar regularmente os novos números.

7. Como pode a revista levar un rexistro do historial dos integrantes do seu equipo editorial?

O Administrador da Revista pode inserir esta información seguindo a ligazón á páxina de inicio da Administración da Revista. Alternativamente, o Administrador da Revista pode crear unha páxina de "Historial do Equipo Editorial " como un novo artigo en Sobre a Revista (punto 2.5 na Configuración). Nesa páxina poderás rexistrar o nome, o título da editorial e os anos de participación deses membros no equipo editorial.

8. Como podo habilitar que lectores poden acceder como revisores da revista?

Na Configuración baixo Acceso e Seguridade (4.1), o Administrador da Revista pode habilitar lectores para que empecen sesión como Revisores, así como Lectores e/ou Autores. Entón, os Revisores aparecerán entre aqueles revisores que o Editor da Sección pode seleccionar e convidar para que revisen envíos. Na Configuración 5.7, o Administrador da Revista pode engadir unha nota "Para os Lectores" sobre o interese da revista de dispor de lectores que sirvan como Revisores da revista. Do mesmo xeito, a revista pode pedirlles aos usuarios que se rexistren como Lectores para poder identificar cantos lectores regulares existen e notificarlles calquera noticia sobre a revista.

9. Como podo atopar revisores complemenarios para un envío á revista, fóra da listaxe de revisores habituais?

Existen un número de técnicas que poden ser empregadas. Unha vez que se identifica a un revisor potencial co seu nome, pódese utilizar o seu correo electrónico e a súa afiliación para identificalo, usando unha busca do nome.

  1. Usa a bibliografía do ensaio que hai que revisar para buscar persoas axeitadas, e entón emprega o seu nome completo en Google para atopar a súa institución e o seu correo electrónico.
  2. Usa buscas booleanas en Google, baseándote nas palabras clave de autor (por exemplo, globalización + pesca + "Somalia") para identificar materiais en liña e persoas que están a traballar na mesma temática.
  3. Baseándote en como o autor identificou o tema do ensaio (ver Metadatos no Resumo do Envío), envíalles preguntas aos colegas para conseguir colegas con experiencia nas áreas identificadas.
  4. Visita outras revistas en liña sobre este campo para identificar autores que poidan servir como revisores dun ensaio especifico que precise ser revisado.

10. Cales son as diferentes formas nas que unha revista pode publicar nun formato de acceso aberto, liberando o contido da revista para os seus lectores?

Podes consultar o artigo de John Willinsky "The Nine Flavours of Open Access Scholarly Publishing" na Revista de Posgrao de Medicina. A Fundación Soros preparou, tamén, unha Guía de Publicacións de Acceso Libre e Sociedades Especializadas que é "unha guía creada para axudar a sociedades especializadas — e pequenos publicadores — a avaliar as opcións dispoñibles para o futuro dos programas de publicación da túa revista." SPARC, a Coalición de Publicacións Especializadas e de Recursos Académicos, fornece tamén un número de recursos relacionados con publicacións de acceso libre.