Axuda de Open Journal Systems

Introdución a OJS

Esta revista emprega o software Open Journals Systems para o soporte administrativo e de publicación. OJS é unha solución de código aberto para administrar e publicar revistas especializadas en liña. OJS é un sistema moi flexible xestionado por un editor para a administración e publicación dunha revista, este sistema pode ser descargado de balde e instalado nun servidor de Web local. Foi deseñado para reducir o tempo e a enerxía dedicados ás tarefas de xestión e de oficina, asociadas coa edición dunha revista, así como para mellorar o arquivo de datos e a eficiencia do proceso editorial. Este sistema procura mellorar a calidade especializada e pública da publicación de revistas a través de innovacións, desde a creación de políticas de revistas máis transparentes ata a mellora da indexación.

Fundamentos do sistema

OJS é un sistema de administración e publicación de revistas e páxinas Web. OJS abrangue todos os aspectos da publicación de revistas en liña, desde establecer unha páxina Web da revista ata o traballo operativo, como o proceso de envío do autor, a revisión feita por expertos, a edición, a publicación, o arquivado, e a indexación da revista. OJS tamén axuda a administrar aspectos relacionados coas persoas dentro da organización da revista, así como realizar un seguimento do traballo elaborado polos editores, revisores e os autores, notificar os lectores e asistir na correspondencia.

OJS é flexible e modulable. Unha instalación de OJS pode asistir a realización de moitas revistas. Cada revista ten un URL único e a súa propia aparencia e ambiente. OJS pode habilitar un editor para que administre todos os aspectos dunha revista e a páxina Web da revista e OJS soportará a un equipo internacional de editores con distintas responsabilidades para as múltiplas seccións dunha revista.

OJS soporta o principio de acceso estendido. A intención deste sistema non é soamente asistir a publicación da revista, senón demostrar como os custos de publicación dunha revista se poden reducir ata facer viable o "acceso libre" dos lectores aos contidos da revista. A defensa do caso de acceso libre está explicado nunha ampla serie de artigos resultado deste proxecto e que están disponñibles baixo publicacións na páxina Web da British Columbia University Public Knowledge Project .

A orixe de OJS. O sistema vai ver lanzado por primeira vez en 2002 como resultado dunha iniciativa de investigación e desenvolvemento dun Proxecto de Coñecemento Público na British Columbia University, co apoio do Consello de Investigación de Ciencias Sociais e Humanidades do Canadá, a Fundación Max Bell, a doazón do Pacific Press, e a Fundación MacArthur. Actualmente están encargados de darlle continuidade ao seu desenvolvemento unha sociedade composta polo Proxecto de Coñecemento Público de UBC, o Centro de Estudos en Publicación do Canadá e a Biblioteca da Simon Fraser University. Para máis información, véxase Public Knowledge Project @ Simon Fraser University website.

Estructura Administrativa

Proceso Editorial

OJS activa envíos á revista a través de cinco pasos do proceso editorial, os cales son administrados por un ou máis editores.

  1. Listaxe de non asignados: Os artigos comezan aquí e son asignados a un ou máis editores.
  2. Revisión del Envío: Os artigos pasan por unha revisión feita por expertos e por unha decisión editorial.
  3. Edición de Envíos: Os artigos pasan pola corrección do texto, a diagramación e a corrección de probas. O envío é asignado a un número para a súa publicación.
  4. Táboa de Contidos: Ordénanse os Artigos para a súa publicación e publícanse.
Funcións Editoriais
(Asignadas pola Administración da Revista)
  • Administrador da Revista: Configura a revista e as funcións e roles do persoal editorial (tamén pode actuar de Editor e noutras funcións).
  • Editor: Supervisa o proceso editorial; pode asignar envíos ao Editor da Sección para que os supervise durante a Revisión e Edición do envío; encárgase da programación do contido e publicación da revista.
  • Editor da Sección: Supervisa a Revisión do Envío e posiblemente a Edición do Envío dos asignados.
  • Editor de Corrección de Textos: Traballa cos envíos para mellorar a gramática e claridade do texto, faille preguntas ao autor sobre posibles erros, asegúrase de que a bibliografía e o estilo do texto concorden completamente cos estándares da revista.
  • Editor de Diagramación: Transforma os envíos corrixidos con galeradas en arquivos tipo HTML, PDF, e/ou PS, ao formato acaído de publicación.
  • Corrector de Probas: Le as galeradas na procura de erros de formato e tipográficos.

Soporte

Pódese acceder a un foro de asistencia e de corrección de erros e problemas técnicos do sistema a través de PKP página Web.

Os usuarios que teñan preguntas sobre a interacción cunha revista en particular que utiliza OJS ou sobre as políticas desa revista deben contactar cos responsables desa revista, relacionados na páxina Web sobre esa revista.