Axuda de Open Journal Systems

OJS Axuda

O documento de axuda para o Open Journal Systems (OJS) esta deseñado para asistir os usuarios no proceso de lectura, envío, edición, e publicación de artigos en revistas especializadas ou de interese xeral. A intención é que tamén sirva como un manual para OJS que describa o alcance e os traballos deste software de administración de revistas. O documento axuda tamén achega consellos editoriais sobre prácticas de xornalismo comúns na publicación especializada. Ademais deste documento de axuda, os usuarios teñen acceso persoal de asistencia técnica desta, baixo Contacto.

Xa que OJS utiliza títulos de publicación designados para cada función ou proceso, desde o Administrador da Revista que se encarga da configuración da revista ata o autor que se encarga das probas de corrección e galeradas. Cada punto tratado na axuda refírese á función que debe ser desenvolvida en cada tarefa. Baseándose no mesmo principio, o acceso a este documento está determinado pola persoa que está a traballar dentro do sistema. A axuda é específica ao contexto; unha persoa se encarga de algo dependendo do rol en OJS (un revisor tamén pode ser un autor e un administrador da revista e de igual maneira un editor). Tamén depende en que parte de OJS está a traballar unha persoa para determinar a axuda. O rol e a localización determina que temas de Axuda aparecerán, porén, os usuarios poden explorar desde aí, temas relacionados para comprender calquera aspecto do sistema.

Procurar No recanto superior dereito de cada páxina de axuda, hai unha ligazón de "Procurar". Ao inserir unha palabra chave, obterás unha listaxe de artigos de axuda relacionados coa túa busca. Estes artigos inclúen unha descrición breve e unha ligazón ao artigo.

Táboa de Contidos Ao premer sobre esta ligazón obterás unha táboa de contidos de axuda dispoñible.

Subir un nivel Ao premer sobre esta ligazón subirás un nivel na xerarquía de axuda. Por exemplo, se estabas a ver o "Explorador de Arquivos", o nivel superior será "Administración de Páxinas".