Axuda de Open Journal Systems

Garantir unha Revisión Cega feita por Expertos

Para garantir a integridade da revisión cega do envío feita por expertos para esta revista, cómpre esforzarse para evitar que a identidade dos autores e dos revisores sexa coñecida por eles. Isto atinxe aos autores, editores e revisores (que cargan documentos como parte da súa revisión) que revisan se os pasos a seguir foron executados para o texto e as propiedades do arquivo:

  1. Os autores do documento eliminaron os seus nomes do texto, utilizando "Autor" e ano nas referencias e nas notas a rodapé, en vez do nome do autor, o título do artigo, etc.
  2. Cos documentos de Microsoft Office, a identidade do autor debe ser eliminada tamén das propiedades do arquivo (ver baixo Arquivo en Word), premendo sobre o seguinte, comezando por Arquivo no menú principal da aplicación Microsoft: Arquivo > Gardar Como > Ferramentas (ou Opcións nun Mac) > Seguridade > Eliminar información persoal das propiedades do arquivo ao gardar > Gardar.
  3. Cos PDFs, o nome do autor tamén debe ser eliminado das Propiedades do Documento localizadas baixo Arquivo no menú principal de Adobe Acrobat