Axuda de Open Journal Systems

Corrector de Probas

Logo de premer no título do Envío en fila, o corrector de Probas terá acceso á maquetaxe das galeradas e ás instrucións de corrección de probas. O corrector de Probas tamén poderá contactar co Contacto Primario do artigo, co editor e co editor de Diagramación. Nesta etapa só se poden identificar erros de escrita e de formato. A Corrección de Probas pode ser completada seguindo os seguintes pasos:

Revisión das Instrucións de Corrección de Probas. O corrector de Probas debe revisar os estándares de corrección de probas da revista, o que pode facer premendo sobre "Instrucións de Corrección de Probas" ao final do panel de Corrección de Probas.

Ver Formatos Proba. O corrector de Probas pode acceder ás galeradas do artigo premendo sobre "Ver Proba" a carón de cada Galerada de Formato baixo a sección de Diagramación, e pode acceder aos arquivos complementarios, se existen, premendo na ligazón correspondente fornecida baixo "Arquivos complementarios". Normalmente as galeradas do artigo están dispoñibles (e posteriormente publicadas) en PDF ou HTML, agora ben non poden ser editadas directamente. Os arquivos complementarios son publicados no seu formato orixinal, e nalgúns casos poden ser editados.

Considerar as Correccións de Probas do autor. O corrector de Probas coñece os estándares da revista, e debería revisar as correccións de probas do autor para poder aconsellar o editor de Diagramación (por exemplo, ignorando os erros identificados que non son considerados como erros segundo os estándares desta revista). Ao premer sobre "Correccións da Corrección de Probas" o corrector de Probas poderá ver as correccións suxeridas polo autor.

Fornecer Correccións da Corrección de Probas. O corrector de Probas pode agora premer na icona "Correccións da Corrección de Probas" e inserir as súas correccións con detalles, como se indica nas Instrucións de Corrección de Probas. Unha vez gardadas as correccións, estarán dispoñíbeis para o editor de Diagramación.

Notificar a Corrección de Probas como Completada. Cando se complete a corrección de probas, o corrector de Probas pulsa sobre a icona de correo electrónico baixo "Completo", e envíalle o correo electrónico ao editor da sección. Una vez enviado o correo electrónico (ou, noutros casos, saltado en vez de cancelado) o artigo será movido da listaxe de envío activos en fila do corrector de Probas ao arquivo, e o corrector de Probas non poderá regresar para realizar máis cambios.