Axuda de Open Journal Systems

Correción de Probas

O autor e o corrector de Probas poden probar os arquivos en varios formatos para buscar erros de escrita e de formato. Rexistraranse as correccións necesarias no cadro de texto de Corrección, seguindo as instrucións de Corrección de Probas. Unha vez que o corrector de Probas lle envía ao editor de Diagramación un correo electrónico notificando que a corrección de probas foi completada, o editor de Diagramación volverá aos Formatos de Proba en Diagramación e executará os cambios que se precisen, eliminado os arquivos corrixidos e cargando as versións correctas. Ao rematar esta tarefa, pode que o editor de Diagramación desexe engadir comentarios e no Cadro de texto de Corrección (por exemplo, explicando as razóns dun cambio), antes de premer na icona de correo electrónico baixo Completo que o conducirá a un correo electrónico que lle notificará ao editor da sección que o envío está preparado para ser programado para a súa publicación.