Axuda de Open Journal Systems

Diagramación

A Versión de Diagramación do envío vai ser preparada polo editor de Corrección de Textos de acordo cos estándares da revista. O editor de Diagramación encargarase de cambiar o envío ao formato de arquivo axeitado, e do estilo de distribución da revista. O editor de Diagramación precisará utilizar outro software para preparar os arquivos HTML, PDF, Postscript, etc.(por exemplo, Dreamweaver, Front Page, Acrobat). O administrador da revista pode elaborar un conxunto de Instrucións de Diagramación dispoñíbeis para os editores de Diagramación, para axudalos a darlles formato correctamente aos arquivos para a súa publicación.

Cargando as galeradas. Cando o editor de Diagramación carga un arquivo ao Formato Galerada, o sistema identificará o tipo de arquivo baseado na súa extensión (por exemplo, PDF, HTML), tamén fornecerá información sobre o tamaño do arquivo e o seu nome orixinal. Esta etiqueta, que aparecerá na Táboa de Contido da revista estará asociada ao artigo publicado, informará os lectores de que tipo de formato de publicación do arquivo está dispoñíbel. O editor de Maquetaxe tamén ten a opción de etiquetar manualmente o arquivo. O editor de Diagramación pode cargar máis dun formato de arquivo á Galerada, eliminar arquivos que xa foron cargados, e editar información como, por exemplo, o nome do arquivo. Cando se cargan arquivos HTML, as imaxes e as follas de estilo tamén deben ser cargadas co arquivo .htm ou .html.

Arquivos complementarios. Se o autor cargou arquivos complementarios, estes xa han de estar colocados e deben ser publicados na revista no seu formato orixinal, excepto que a revista teña unha política especial en canto á preparación destes arquivos (por exemplo para Figuras ou ilustracións). Mesmo se a política é publicalos no seu formato orixinal, o editor de Diagramación pode consultar os arquivos para asegurarse de que son lexibles e para ver se se poden cambiar para adaptárense mellor aos estándares e ao estilo da revista. Os arquivos complementarios poden ser creados, modificados, sobrescritos e eliminados polo editor de Diagramación (tamén polo autor, se é necesario debido a aspectos do formato de arquivo).