Axuda de Open Journal Systems

Envíos

Cando o editor de Diagramación inicia sesión, accederá á súa Páxina Principal de Usuario. Esta páxina inclúe unha ligazón á páxina de Envío Activos do editor de Diagramación, unha ligazón de Arquivos aos envíos completados anteriormente, e outra ligazón para ver a Táboa de Contidos dos próximos números da revista, se estivese dispoñible.

Envíos Activos
Premer sobre a ligazón Activo da Páxina Principal do Usuario conducirá o editor de Diagramación á páxina de Envíos Activos. Esta fileira presenta unha listaxe daqueles traballos que solicitaron seren diagramados. O proceso de diagramación pode iniciarse premendo no título dun envío que estea na listaxe.

Arquivos
Premer na ligazón Arquivos da Páxina Principal do Usuario conducirá o editor de Diagramación á páxina de Arquivos. Nesta fileira atópanse aqueles traballos que completaron o proceso de diagramación e que xa foron publicados.

Números
Premer na ligazón Próximos Números da Páxina Principal de Usuario conducirá o editor de Diagramación á listaxe de próximos números da revista (que aínda non foron publicados). Isto permitiralle ao editor de Diagramación probar o número coma un todo.