Axuda de Open Journal Systems

Correción de Textos

O proceso de corrección de textos está dividido en tres pasos, que implican o editor de Corrección de Textos e o autor. Ademais, o editor de Corrección de Textos pode editar os metadatos do artigo en calquera momento, premendo sobre Revisión de Metadatos.

Paso 1
No primeiro paso, o editor de Corrección de Textos preme sobre o nome do arquivo para descargar o documento do envío e abrilo. Entón, o editor de Corrección de Textos corrixe directamente sobre o texto do documento, seguindo os estándares acordados pola revista para a corrección de textos. (Estes poden ser personalizados polo administrador da revista no Paso 4.5 da Configuración.)

Ademais disto, o editor de Corrección de Textos pódelle facer seguimento a calquera dos cambios e correccións propostos, e tamén a calquera pregunta feita ao autor e/ou editor da sección, premendo na icona Comentarios do editor de Corrección de Textos. Cando o editor de Corrección de Textos culmina a corrección de textos inicial, garda o arquivo no ordenador e cárgao para o paso seguinte, que é a Corrección de Textos feita polo autor.

Unha vez que o arquivo corrixido se carga, o editor de Corrección de Textos preme sobre a icona de correo electrónico baixo Completo para o Paso 1. Esta acción conducirao a un correo electrónico para o autor e o editor, no que se lles informa que o Paso 1 foi rematado. O editor de Corrección de Textos debe indicar no correo electrónico se existen preguntas do autor e/ou do editor para que sexan consideradas polo editor da sección.

Paso 2
O autor pode iniciar sesión e acceder ao artigo desde a Fila do Envío (que se atopa baixo a Páxina Principal do Usuario). O autor descarga e abre a versión de corrección de textos desde o Paso 1 e revisa a corrección de textos, responde directamente no arquivo calquera pregunta que se lle faga. O autor garda o arquivo e cárgao no Paso 2, que fornece o arquivo para que o editor de Corrección de Textos realice a corrección final. O editor da sección responderá calquera pregunta feita polo editor a través dun correo electrónico para asegurarse de que o autor e o editor da sección non carguen versións do arquivo sobre outras versións. O autor envíalles un correo electrónico completo ao editor de Corrección de Textos e ao editor da sección, iniciando, así, o terceiro paso. Para máis información sobre o proceso de Corrección de Textos, ver Author's Role: Copyediting.

Paso 3
O editor de Corrección de Textos descarga e abre o arquivo de Corrección de Textos no Paso 2 e crea unha versión en limpo (eliminado todas as pegadas do proceso de corrección de textos), baseado nas respostas do autor e do editor da sección. Esta versión está preparada para que o editor de Diagramación a insira na versión publicada do envío. O editor de Corrección de Textos garda unha copia en limpo no Paso 3, que posteriormente se converterá na Versión de Diagramación. Entón, o editor de Corrección emprega a icona de correo electrónico baixo Completo para notificarlles ao editor de Diagramación e ao editor da sección que a corrección de texto do envío xa foi completada.