Axuda de Open Journal Systems

Correción de Probas

O autor debe corrixir as galeradas do envío, que son as versións en HTML, PDF e/ou Postscript que aparecerán na edición en liña da revista. Para ver os arquivos, o autor debe premer sobre cada un dos Formatos de Proba (e non sobre dos nomes do arquivo) para ver o envío en cada un dos formatos en que será publicado. Na etapa de Corrección de Probas, só se realizarán correccións de escrita e de formato, e estás só poden ser realizadas polo editor de Diagramación.

É obvio que se se emprega máis dun formato de arquivo, o autor debe revisar só un na procura de erros tipográficos, non obstante debe revisar todos os outros na procura de problemas de formato. O autor deberá seguir as Instrucións de Corrección de Probas cando estea rexistrando as correccións no Cadro de Texto de Correccións. O autor deberá revisar tamén calquera arquivo complementario que acompañe o envío publicado. Estes arquivos presentaranse no seu formato orixinal, polo tanto poden ser modificados e cargados de novo. O título destes arquivos tamén pode ser modificado utilizando a función de Editar. Calquera cambio nestes arquivos debe ser anotado no Cadro de Textos de Correccións.