Axuda de Open Journal Systems

Corección de Texto

O corrector de Textos corrixe o envío traballando directamente sobre o arquivo electrónico do envío, con suxestións para mellorar a fluidez da linguaxe e a comunicación de significados, e con cambios feitos para asegurar que o envío se axeite ao estilo e formato da revista (especialmente ao formato bibliográfico). O corrector de Textos carga a versión corrixida do envío no Paso 1 e envíalle un correo electrónico ao autor e ao editor da sección sinalándolles que a corrección inicial do texto foi completada. O autor pode acceder a esta versión no Paso 1 da Corrección de Textos premendo sobre o nome do arquivo, e gardando o arquivo na computadora para abrilo máis adiante.

Revisión do autor da Corrección de Textos. O autor revisa todos os cambios propostos polo corrector de Textos e pode engadir máis suxestións ou modificacións no envío de acordo coas instrucións de Corrección de Textos seguidas por esta revista. (Esta é a derradeira oportunidade para facer cambios, xa que na Corrección de Probas só se poden arranxar cambios de erros de escrita e de formato.) O autor debe responder tamén calquera pregunta que lle faga o corrector de Textos (por exemplo, números de páxinas perdidas, etc.); estas preguntas pódense atopar premendo na icona a carón dos Comentarios da Corrección de Textos. Cando remate, o autor debe gardar o arquivo na computadora e cargalo no Paso 2 da Corrección de Textos, acción que permitirá que o arquivo estea dispoñible para o corrector de Textos.

Revisión dos Metadatos. O autor debe, tamén, revisar os Metadatos do envío na procura de erros e omisións. Os metadatos empregaranse para indexar o envío na publicación e asistirán, dependendo de como estea indexado, os lectores para atopar o artigo.

Para rematar, o autor debe premer na icona de correo electrónico baixo Completo para notificarlles ao corrector de Textos e ao editor da sección que este Paso xa foi completado.