Axuda de Open Journal Systems

Decisión do Editor

Unha vez que o proceso de revisión rematou, o editor da sección toma unha decisión e informa desta ao autor a través dun correo electrónico de notificación. Esta Decisión é rexistrada tamén na Correspondencia do editor/Autor na páxina de Revisión do autor. Se o editor da sección solicita máis revisións antes de tomar a decisión final, o autor pode cargar unha versión revisada do envío nesta páxina, así tamén pode cargar arquivos complementarios revisados ou adicionais (reflectindo conxuntos de datos, instrumentos de investigación, documentos de referencia, etc.). O editor da sección tamén pode cargar e presentar versións do envío e outros documentos para que sexan consultados polo autor. (Para consultar arquivos cargados, o autor pode premer no nome do arquivo ligado co Arquivo Cargado, e así abrir o arquivo ou gardalo no ordenador para abrilo máis adiante.)

Se o envío é aceptado, procederá á etapa Editing do proceso editorial.

Reenviar para Revisión. Se a decisión do editor da sección é que o envío sexa revisado e logo reenviado a unha revisión feita por expertos, o autor debe sinalar primeiro se está de acordo en realizar as revisións, empregando a Correspondencia editor/Autor. Entón, cando as revisións foron completadas, o autor cargará a versión para unha segunda rolda de revisións. O editor da sección enviaralles esta versión aos mesmos Revisores ou a Revisores novos, e informará o autor canto teña unha decisión seguindo o mesmo proceso da revisión inicial.