Axuda de Open Journal Systems

Envíos

Cando se inicia sesión na revista e se escolle a función autor en páxina principal do Usuario, condúcese o autor aos Envíos Activos en fila. Esta páxina crea unha listaxe dos envíos que están en proceso editorial. O autor tamén pode acceder a envíos feitos anteriormente á revista baixo a ligazón Arquivos, e pode facer un novo envío para que sexa considerado premendo na ligazón pertinente baixo Iniciar un Novo Envío.

Se a revista acepta pagamentos en liña, o autor pode facer pagamentos específicos de envío nesta páxina. Se a revista o precisa, existen ligazóns para pagar a remuneración dos envíos que permiten axilizar os trámites, para cada artigo, baixo o campo Estado. Premendo neles conducirase o autor a unha páxina de Pagamento de Remuneración manual ou á páxina de pagamento de PayPal, onde se pode completar a transacción que se precise. Máis información sobre o proceso de pagamento pódese atopar en here.

Máis información sobre o proceso de Envío pódese atopar en here.