Axuda de Open Journal Systems

Revisión

O proceso de Revisión está dividido en seis ou sete pasos, que teñen a intención de conducir o Revisor a través do proceso de Revisión.

Paso 1
O Revisor ten que indicarlle primeiro ao editor da sección se desexa realizar a revisión. A decisión debe ser tomada despois de revisar o Resumo do envío e se o acordan, revisando o envío que se pode facer premendo sobre o nome do arquivo no Paso 3 (dependendo das políticas da revista, pode que o arquivo non estea dispoñible ata que o Revisor acepte realizar a revisión).

Se non pode realizar a revisión. O Revisor que non pode realizar a revisión debe premer sobre "Non pode facer a revisión", que o conducirá a un correo electrónico estándar para o editor da sección, que o Revisor pode modificar para indicar, se así o quixese, porque non pode facer a revisión (por exemplo, falla de tempo, conflito de intereses, falla de experiencia, etc.).

Pódese facer a revisiónO Revisor que pode facer a revisión debe premer sobre "Fará a revisión," que o conducirá a un correo electrónico estándar para o editor da sección, que o Revisor pode modificar para indicarlle ao editor da sección e ao autor que a revisión está en curso.

Paso 2
Consultar as Pautas de Revisión, que se atopan ao final da páxina de Revisión. As Pautas de Revisión foron redactadas polos editores da revista para asegurarse de que a Revisión sexa o máis útil posible para eles e para o autor.

Paso 3
O autor cargou o envío como un arquivo, que o Revisor pode descargar desde a páxina Web da revista á computadora do Revisor, premendo sobre o nome do arquivo. O arquivo pódese abrir ou almacenar no ordenador. Pódese abrir tamén utilizando programas dispoñíbeis como Word ou Acrobat. Pódese imprimir ou ler o arquivo na pantalla. Os arquivos complementarios refírense a materiais que o autor puido cargar como unha adición ao arquivo, como por exemplo conxuntos de datos, instrumentos de investigación, ou textos de referencia.

Paso 4 (Opcional)
Nalgúns casos, a revista pode precisar que o Revisor declare se existe ou non un conflito de intereses co artigo que está a ser revisado. Se este é o caso, o Paso 4 convértese nun formulario que solicita unha declaración de Conflito de intereses, e todos os pasos seguintes cambiarán o seu número de acordo con este último. O administrador da revista pode activar ou desactivar isto na Configuración 3.3.

Paso 4
O Revisor premerá sobre a icona Revisar e presentaránselle dous cadros de textos de Revisión onde se pode inserir a Revisión manualmente ou pegándoa: un dos cadros é para o editor e para o autor, e o outro só é visible para o editor. O Revisor pode inserir ou pegar revisións parciais nos cadros de textos e premer sobre o botón Gardar ao final do formulario de volta, e deste xeito pódense facer cambios máis adiante. O revisor pode regresar e facer estes cambios ata que escolla unha recomendación na páxina principal de Revisión, punto no que o proceso de Revisión remata.

Paso 5
O Revisor tamén ten a opción de inserir a Revisión, de cargar arquivos para que sexan vistos polo editor da sección e/ou o autor. Estes arquivos poden ser versións de anotacións da Revisión do envío ou algúns datos relevantes ou outros materiais que asistirán o editor e/ou o autor. É prerrogativa do editor se estes arquivos lle serán mostrados ao autor, non obstante os Revisores poden comentalo na Revisión sen ningún problema (Paso 4).

Paso 6
O revisor debe seleccionar unha Recomendación para o envío entre as seguintes opcións: Aceptar, Precisa Revisión, Reenviar a Outra parte, Rexeitar Envío, Ver Comentarios. Cando o Revisor preme sobre "Enviar Revisión ao editor" chegará a un correo electrónico preparado para o editor da sección, ademais disto faralle visible ao editor a Recomendación, a Revisión gardada (que actualmente está bloqueada) e calquera arquivo cargado. Este correo pode ser editado polo Revisor antes de envialo.