Axuda de Open Journal Systems

Envíos

Cando o Revisor inicia sesión na revista entra na páxina principal do usuario. Para chegar á páxina de envíos, o Revisor debe premer sobre a función Revisor (xa que o Revisor pode estar inscrito baixo outras funcións, por exemplo como autor). Esta páxina crea una listaxe dos envíos aos que foi convidado o Revisor para súa revisión ou aqueles envíos que están actualmente no proceso de revisión. Os envíos en fileira tamén mostran en que rolda está a revisión, unha vez que algunhas revisións puideron entrar nunha segunda rolda de revisión, seguindo a Decisión do editor da sección na que se estableceu que debe ser "reenviado para revisión". Esta páxina tamén fornece o acceso a revisións pasadas feitas polo Revisor para a revista.