Axuda de Open Journal Systems

Correción de Probas

Despois que se lle notifique ao editor da sección o remate das galeradas, escollerá o corrector de Probas, se aínda non o fixo. Entón, o editor da sección enviaralle un correo electrónico de solicitude ao autor para comezar o proceso de Corrección de Probas. O autor, logo de completar a revisión das galeradas e os arquivos complementarios, se é que os hai, enviaralle un correo electrónico ao corrector de Probas, cunha copia para o editor da sección. Calquera erro de escrita ou de formato será anotado polo autor e polo corrector de Probas no Cadro de Texto de Correccións durante este proceso, xa que nin o autor nin o corrector de Probas poden modificar as galeradas. O corrector de Probas, despois completar a revisión das galeradas e dos arquivos complementarios, se é que os hai, informará o editor de Diagramación e enviaralle unha copia ao editor da sección. O editor de Diagramación procederá a corrixir as galeradas e os arquivos complementarios, se é que os hai. Para rematar, o editor de Diagramación notificaralle ao editor da sección que o envío está preparado para ser programado para a súa publicación. Nese momento, o editor da sección podería volver revisar os arquivos se quixese, e se está satisfeito pode programar o envío para a súa publicación escollendo un número baixo Programando, e premendo sobre "Rexistro". Deste modo o envío inserirase en Publishing Process.

Repara que o editor pode programar o envío para a súa publicación en calquera momento do proceso de edición; esta información estará dispoñible para os editores de Diagramación e os correctores de Probas, a estes poderáselles permitir tamén ter a vista previa do número antes da súa publicación.