Axuda de Open Journal Systems

Diagramación

Unha vez que o editor de Corrección de Textos complete a copia "en limpo" no Paso 3 da Corrección de Textos, esa versión do envío pasará á etapa de Diagramación. Despois que o editor da sección reciba a notificación de remate da corrección de textos, debe seleccionar o editor de Diagramación, se aínda non o fixo, e solicitarlle ao editor de Diagramación que comece o seu traballo. Isto pódese facer empregando a icona de correo electrónico baixo a Solicitude de Diagramación. O editor de Diagramación preparará as galeradas para o envío en cada un dos formatos de publicación da revista (por exemplo, HTML, PDF, PS, etc.). Os Arquivos complementarios, que permanecen no formato de arquivo orixinal co que foron enviados, serán revisados polo editor de Diagramación e polo corrector de Probas para asegurar que cumpren cos formatos básicos e que os arquivos se axustan aos estándares da revista. Cando o editor de Diagramación teña completa a produción inicial das galeradas, que son os arquivos que serán publicados en liña, o editor de Diagramación enviaralle un correo electrónico ao editor da sección.

Repara que o editor pode programar un envío para a súa publicación en calquera parte do proceso de edición; esta información estará dispoñible para os editores de Diagramación e os correctores de Probas, ademais disto, poderán visualizar o número antes da súa publicación.