Axuda de Open Journal Systems

Corrección de Textos

Unha vez seleccionado o editor de Corrección de Textos e informado por correo electrónico solicitándolle que comece o proceso, o editor de Corrección de textos traballará directamente no envío, marcando os cambios propostos de acordo coas instrucións de Corrección de Textos da revista. No Paso 1, Corrección de Textos Inicial, o editor de Corrección de Textos corrixirá o envío e cargará a versión inicial de corrección de textos, o arquivo editado será enviado ao Paso 2, Corrección do Texto feita polo autor. O editor de Corrección de Textos enviará entón un correo electrónico "Completo" ao autor, cunha copia para o editor da sección, solicitando que se inicie o Paso 2. Logo que o autor teña revisado os cambios, respondido calquera pregunta, e cargado o arquivo no Paso 2, o editor de Corrección de Textos creará unha versión en limpo e fin da corrección de textos no Paso 3, Corrección de Textos Final. Esta versión final da corrección de textos é enviada a Diagramación, onde quedará como a Versión de Diagramación. Antes de que o editor de Diagramación comece a traballar na preparación de Galeradas baseadas nesta versión, pode ser que o editor da sección desexe revisala de novo para asegurarse que cumpre cos estándares e instrucións da revista.

Preguntas do editor na Corrección de Textos. Na Corrección de Textos inicial, o editor de Corrección de Textos pode precisar facerlle Preguntas ao editor (verbo do estilo da revista, por exemplo). Estas preguntas poderanse atopar no correo electrónico enviado ao autor e ao editor da sección despois de rematar o Paso 1. O editor da sección debe revisar as Preguntas do editor premendo no nome do arquivo no Paso 2, e enviado un correo electrónico coas súas respostas directamente ao editor de Corrección de Textos (premendo sobre a icona de correo electrónico baixo Solicitude). Isto evitará que se cargue unha versión do arquivo sobre as respostas do autor á corrección de textos inicial do envío.

Opcións de Corrección de Textos. En caso necesario (por exemplo, se o editor da sección está no rol de editor de Corrección de Textos) o editor da sección pode cargar unha versión do envío para cada unha das etapas de Corrección de Textos. Débese ter coidado de non sobrescribir unha versión que fose cargada polo editor de Corrección de Textos ou polo autor.