Axuda de Open Journal Systems

Revisión feita por Expertos

Unha vez que a versión de revisión foi seleccionada, o editor de sección pode comezar o proceso de revisión feito por expertos. Primeiro, o editor de sección preme sobre o botón "##editor.article.selectReviewer##" para ir á listaxe de revisores, onde figuran os seus intereses e traballos para a revista. Entón o editor de sección preme sobre "Asignar" a carón dos nomes dos revisores que aparentemente son axeitados para a asignación.

Cambiando Revisores. Se o editor de sección se decata de que o nome escollido non é axeitado, pode utilizar o botón "##editor.article.clearReview##" para borrar o nome do revisor antes de iniciar a revisión (unha vez que o revisor foi notificado por correo electrónico, este botón cambia a "##editor.article.cancelReview##"). Para substituír un revisor que foi notificado, o editor de sección pode premer sobre "##editor.article.cancelReview##", para ir a un correo electrónico de cancelación que será enviado ao revisor existente. Despois, o editor de sección preme sobre "Seleccionar Revisor" para asignar outro revisor, e envía un correo electrónico de notificación a ese revisor. Se o editor de sección cancela unha revisión e o revisor xa actualizou o envío, notificando que a revisión está preparada, o editor de sección pode reiniciar a revisión enviando un correo electrónico de solicitude a un novo revisor. Consérvase unha listaxe dos revisores que rexeitaron a solicitude de revisión do envío ou que cancelaron a revisión. Esta listaxe está baixo "Trasacordos, cancelacións, e roldas primarias deste envío."

Solicitando e iniciando unha revisión feita por expertos. O editor de sección preme sobre a icona do correo electrónico baixo "Solicitude para o revisor", que abre un correo electrónico preparado, dirixido ao revisor. Despois de premer sobre "Enviar", o editor de sección terá a oportunidade de cambiar o número de semanas dadas para completar a revisión. O administrador da revista establece un número de semanas por defecto na configuración 2.2. Se o revisor non respondeu á solicitude de xeito favorable, o editor de sección pode enviar outro correo electrónico de solicitude premendo sobre a ligazón "Enviar recordatorio". Tamén o editor de sección pode optar por seleccionar outro revisor (seguindo os procedementos descritos anteriormente en "Cambiando revisores"). O editor de sección tamén pode mudar a data de entrega para determinados revisores para que completen a súa revisión, premendo sobre a data que aparece embaixo de "Entrega".

O revisor responde na páxina web. Xeralmente o revisor responde ao convite para revisión ao iniciar sesión na páxina web da revista e notificando ao editor de sección que se realizará ou non a revisión solicitada, isto é, faino a través dun correo electrónico preparado. Se o revisor declina a solicitude, o seu nome irá a "Trasacordos, cancelacións, e roldas primarias deste envío" e o editor de sección seleccionará a outro revisor. Se o Revisor está de acordo con realizar a revisión, a data de aceptación aparece baixo "Resposta para ese revisor". O administrador da revista ten a opción na configuración 2.2 de activar un recordatorio automático para que sexa enviado aos revisores que non responden á solicitude dentro dun número de días determinado.

O revisor responde a través de correo electrónico. Se no canto de ir á páxina web da revista, o revisor envía ao editor de sección un correo electrónico aceptando ou rexeitando a oportunidade de revisión, o editor de sección debe ir á páxina de revisión e escoller "Non fará revisión" ou "Fará revisión". A primeira selección halle permitir ao revisor acceder en liña ao envío, e a segunda borrará o nome do revisor da etapa de revisión feita por expertos (e colocarao na páxina de "Trasacordos, cancelacións e roldas previas"). Logo, o editor de sección pode seleccionar outro revisor.

O revisor completa a revisión en liña. O revisor completa a revisión ao inserir os seus comentarios na revisión (baseado nas instruccións do revisor que foron inseridas na configuración 2.2 polo administrador da revista) e seleccionando unha recomendación (do menú desdobrable: "Aceptar", "Aceptar con revisións", "Reenviar para revisión", "Reenviar a outra parte", "Rexeitar", "Ver comentarios"). O revisor tamén pode optar por cargar arquivos, que poden ser unha versión do envío con notas ou calquera información adicional de relevo: o editor de sección poderá decidir se o autor pode vela usando a opción "Permitir que o autor vexa o arquivo". O administrador da revista ten a opción na configuración 2.2 de activar un recordatorio automático para que este sexa enviado aos revisores que non completen a revisión dentro do número de días determinado para a data de entrega. O editor de sección tamén pode enviar un recordatorio usando a ícona de correo electrónico baixo "Solicitude para ese revisor", e cambiando o contido para que reflicta a falta de revisión.

O revisor completa a revisión a través de correo electrónico. Se o administrador da revista seleccionou "Correo electrónico con arquivo adxunto do proceso de revisión" na configuración 2.2, o revisor recibirá o envío como un correo electrónico co arquivo adxunto da solicitude para revisión, xunto coas instruccións de revisión. Háselle pedir ao revisor que lle envíe ao editor de sección un correo electrónico indicando a súa vontade de facer ou non a revisión. Se o revisor está de acordo con facer a revisión, enviará un correo electrónico que conterá a revisión do envío e unha recomendación. Daquela o editor de sección inserirá na páxina de revisión do envío os comentarios do revisor, o que terá que facer utilizando a caixa de revisión, rexistrando a recomendación do revisor baixo o nome do revisor.