Axuda de Open Journal Systems

Versión de Revisión

O primeiro labor que debe realizar o editor de sección para cada envío é verificar se a versión orixinal do texto pode servir como a versión de revisión ou se a copia revisada precisa ser cargada. Para ver o arquivo orixinal, o editor de sección preme sobre o nome do arquivo que está a carón da versión de revisión. Véxanse as instruccións para Ensuring a Blind Peer Review. O editor de sección pode consultar tamén a páxina de envío para revisar se os arquivos complementarios poden ser compartidos cos revisores. Se o autor desexa entregar arquivos aos revisores, estes serán revisados; o editor de sección pode deseleccionalos se non son idóneos para compartir.

Establecendo a versión de revisión do envío. O editor de sección establece que versión de revisión verán os revisores, ao seleccionar a versión orixinal, se é axeitada, ou cargando unha versión máis axeitada. O editor de sección pode escoller arranxar problemas menores do arquivo orixinal, utilizando un procesador de texto para facer os cambios, gardando o arquivo no escritorio e logo cargando o arquivo, empregando os botónss "Explorar/Cargar" na versión de revisión.

Envíos que non están ben preparados. Se o autor fallou en asegurarse de que o envío se axuste ás disposicións para o autor da revista, incluíndo que o envío acepte unha revisión cega, o editor de sección pode optar por notificar ao autor que o envío necesita ser reenviado. Entón, o autor pode reenviar unha versión mellorada ao editor por medio do correo electrónico, e este último pode cargala como a versión de revisión. O editor de sección pode decidir simplemente que o envío non é apto para a revista e notificar o autor sobre esta decisión, indo á páxina de envío e premendo sobre "##editor.article.archiveSubmission##" que manda o envío aos arquivos.